Interesante e disputado Campionato Xunta de Galicia Sub16 o celebrado durante esta fin de semana nas pistas pontevedresas do CGTD.
Nunha xornada na que se estabreceron un importate número de mellores marcas persoais, parte do máis destacado correspondeu ao atleta do ADAS CUPA Aaron Pérez quen lograba os títulos autonómicos nas probas dos 100 m. con 11.29 así como na onxitude con 6.49 m. Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo pola súa banda, volvía a efectuar un gran crono nos 300 m. rematando a distancia en 40.49 e logrando de paso, título sobre os 100 m. con 12.48
Xoel Franco do Beade, proclamábase campión autonómico na distancia do kilómetro cun rexistro de 2:38.01 polos 3:03.04 de Alejandro Santos do S.A.Trega quen facía o propio sobre os 3.000 m.
A calidade estivo presente nos obstáculos da man dunha excelente Paula Fernández do S.D. Compostela, escalando ata o prieiro posto do ranking nacional grazas aos seus 5:12.23. Na categoría masculina tamén resultaron bós os 4:30.24 do campión galego, Pablo Vázquez do Atletismo Narón
Alba Norales do Marineda At. segue ca súa firme progresión na modalidade de marcha, onde remataba na primeira posición baixando novamente da barreira dos 15 minutos.
Nos lanzamentos tanto a líder do ranking RFEA Aitana Capeáns do Rías Baixas, como Miguel Ángel López da Gimnástica, lograban sendos campionatos con 12.33 m e 14.15m. respectivamente.
Os saltos masculinos tiveron en Beltrán Rivas do At. Deza ao seu protagonista, xa que del foron os triunfos en triplo con 12.40 m. e altura con 1.75 m. No tocante á categoría feminina, o protagonismo foi para Cristina Vázquez do Maderas Barcia Lourenzá-Cervo quen con 5.01 m. e 10.91 m. proclamábase campioa galega de lonxitude e triplo respectivamente.
Cómodo triunfo para o tamén líder do ranking RFEA Javier Cid do Ourense Atletismo sobre o círculo de martelo con 57.66 m. Na mesma proba Lydia Valdés do Atletismo Sada quedaba a dous metros da súa MMT chegando malia elo, a uns interesantes 44.71 m.
Por último Manuel Eirín do Ourense Atletismo, tamén algo alonxado da súa MMT, remataba o concurso con 47.68 m.
Nas remudas dos 4×100 m. foron os equipos do Celta Atletismo quenes se fixeron co campionato tanto en mulleres con 51.90 como en homes con 47.97.
A próxima parada para os e as Sub16, será a que disputen no seu Campionato de España do 20 e 21 de xullo en Lleida.