Galicia, sexta no Torneo de Federacións Autonómicas

Importante e variada actividade atlética a que se levou a cabo esta pasada fin de semana. Entre todas, destaca a participación da Selección Galega Absoluta en la Nucía no Campionato de España de Federacións, de onde se voltaba cun sexto posto na clasificación xeral nun encontro gañado por Madrid.

Triunfos parciais para Belén Toimil e Dani Chamosa.

Belén Toimil no círculo de lanzamentos, cumplía os prognósticos logrando o primeiro posto cun  mellor lanzamento de 17.71 m. que a seguen poñendo a punto para os Xogos de París. Pola súa banda Dani Chamosa confirmando o seu gran ano e estado de forma, lograba o triunfo nos 5.000 marcha con 19.17.32 que representan un novo récord galego absoluto para o marchador internacional.

A maiores compre salientar os terceiros postos de Jacobo Soler nos 400 m. cun excelente rexistro de 46.61 así como a actuación no foso de lonxitude tanto de Sergio Coello con 7.42 m. como de Olalla Guisela Becerril atleta esta última que quedaba ás portas por tan só un centímetro, da barreira dos seis metros.

Hassan Izeddine nos 800 m., Claudia Rojo e Xavier Lires nos 400 valos con MMP, Eric Méndez en martelo, Marta Lisboeta en altura, Manuela Blanco en pértega e Paula Piñón en xavelina, lograban de igual modo estar nos postos de cabeza das súas respectivas probas.

Compartir: