80 medallas para os máster galegos en Alcobendas

A localidade madrileña de Alcobendas, daba acollida desde o pasao venres ata o domingo, os Campionatos de España máster da que os nosos atletas voltaban cun total de 80 medallas ( 23 ouros, 29 pratas e 28 bronces) e a consecución dun total de dez novos récords galegos.

Precisamente as mellores marcas autonómicas viñeron da man de Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural, quen lograba os récords nos 100 m. nos 200 m. e no concurso de altura, proclamándose de igual modo campioa de España W60 nestas dúas últimas modalidades.  Jose Cidrás do San Miguel de Marín na categoría M75 melloraba os récords de peso con 9.75 m. e 200 m. con 34.77 sumándose a esta lista de melloras Basi Bernárdez de A Silva en triplo M50, Montserrat Fernández do At. Sada en 100 m. W55 e Xulio Ventín da do At. Sada en martelo pesado M60.

A nivel individual salientar os dous títulos logrados por Carlos Almudí de A Silva en martelo e martelo pesado na categoría M50,  Xulio Ventín do At. Sada na M60 e José Miguel López do Marineda At. nos 100  e 300 valos na M65.

Na categoría dos máis veteranos (M80) o pai da saga Almudí, José Manuel, volvía novamente a estar no caixón de podio grazas ao título en martelo pesado e o bronce no martelo. Pola súa banda o atleta olímpico en México-68 e Munich-72 Javier Álvarez Salgado do R.C.Celta a quen vimos xa no autonómico, volvía -como el mesmo prometera- a un campionato de España do que saía ca medalla de prata nos 100 m.

Compartir: