Os Sub16 cítanse no seu atonómico

Nova e importante cita para os atletas Sub16 que terán no día de mañá no CGTD de Pontevedra a partir das 10.00 horas a disputa do seu Campionato Xunta de Galicia.

A ela acude un importante número das nosas e nosos máis importantes atletas base na procura das medallas en xogo polas que estarán pelexando destacados atletas do panorama estatal.

Entre os mesmos contaremos co multiplusmarquista de España -e unha das sensacións actuais dos lanzamentos- Hugo Casañas do Rías Baixas. O prometedor lanzador do CGTD parace non coñecer barreiras a súa fantástica progresión, polo que haberá que estar moi atentos a súa participación nos concursos de peso e disco nas que intentará estar lanzando por riba dos seus récords de España de 67.09 m. e de 21.23 m. respectivamente.

Nos 100 m, presenza doutro dos talentos da velocidade galega, o atleta valdeorrés Aaron Pérez do ADAS CUPA quen co seu rexistro de 11.11 efectuado recentemente en Pereiro de Aguiar, lograba o récord galego da súa categoría ao que se lle suman os de lonxitude (tamén tomará parte) de pista cuberta entre outros. Na categoría feminina pola súa banda será Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo quen con 12.44 nos 100 m. e os seus excelentes 40.27 nos 300 m., asuma a condición de favorita sobre estas distancias.

Moita emoción será a que nos agarde nos 600 m. con Carmen Paz do At. Noia e a Lucía Cando da Polideportiva Lucense loitando por un título galego cun altísimo nivel. En homes non menos emocionante estará esta final quen se atopa moi axustada entre Hugo Zuluaga do At. Sada e Jose Manuel Arufe do At. Noia.

Nos 1.000 m. parte como favorito Xoel Franco do Beade grazas aos seus 2:38.59 oi igual que Alejandro Santos do Trega quen tomará parte nos 3.000 m. cun mellor rexistro de 9:10.66. Na categoría feminina Marta Alonso do Riazor Coruña asume a condición de favorita nos 1.000 m. grazas aos seus 3.01.73 deste ano. Pola súa banda Paula Fernández do S.D.Compostela lidera a proba dos obstáculos que a sitúan nos postos top do ranking de España con 5:16.60.

Nos valos curtos contaremos a priori co favorito Guillermo Piñeiro da Gimnástica con 13.96 ao igual que Beltrán Rivas do At. Deza quen poderemos ver sobre o listón de altura intentando mellorar os seus 1.78 deste ano.

Moita calidade e emoción será a que dominen os concursos de lanzamentos. Para comezar en martelo o líder nacional do ano Javier Cid do Ourense Atletismo, achégase a Pontevedra ca intención de estar novamente por riba dos 59 m. Na mesma proba Hugo Novoa de La Purísima estará na loita polas medallas. Na categoría feminina será Lidya Valdés do Atletismo Sada, quen asuma a responsibilidade de ser clara fovorita grazas aos seus 46.25 m.

Atención ao grandísimo nivel do concurso de peso onde se darán cita nada menos, que as líderes do ranking de España do ano Aitana Capeáns do Rías Baixas con 13.74 m. e Sara Caamaño da Atlética Barbanza con 13.15 m. En disco nova oportunidade para ver á atleta do Rías Baixas que con 38.29 parte como favorita. Xa na xavelina, participación do líder galego Manuel Eirín do Ourense Atletismo encabendo comodamente a modalidade con 50.72 m.

Por último na marcha salientamos a participación de Natalia González do Celta Atletismo como favorita ao título galego

Compartir: