A Selección Galega e o nacional máster principais citas da fin de semana

Esta fin de semana a Selección Galega Absoluta de atletismo está convocada a tomar parte no Campionato de España de Federacións Autonómicas que terá lugar en La Nucía o día 6 de xullo.

A ela acuden a totalidade de Comunidades Autónomas, agás as cidades de Ceuta e Melilla, na procura deste importate título de seleccións.

O obxectivo pasa por estar nos postos importantes da clasificación

Por parte galega estarán tomando parte vinte e tres dos últimos campións galegos e galegas absolutas da pasada edición levado a cabo en Vigo, reforzada ca incorporación dalgunha das nosas máis importantes atletas.

A cabeza das mesmas, e como abandeirada da selección, acudirá a plusmarquista de España e atleta olímpica en Tokio-20 e que novamente o será en Paris-24, Belén Toimil que estará tomando parte no concurso de lanzamento de peso no que parte como indiscutible favorita. Como sempre, exemplar e modélico o comportamento de Belén a quen sempre vemos acudir ano tras ano á chamada da súa Selección.

Xunto a lanzadora de Mugardos tamén estará participando o medallista de bronce no pasado campionato de España nos 10.000 marcha, Dani Chamosa que intentará seguir ca súa sensacional tempada que o sitúan nos postos top da marcha internacional.

O internacional venezolano e terceiro clasificado no nacional de combinadas  Gerson Vidal Izaguirre, estará defendendo os intereses galegos un ano máis, nesta ocasión no concurso de pértega. Xunto él compre salientar entre outros, a presenza dos finalistas do pasado campionato de España Eric Méndez e Blanca Pereira en martelo, Paula Piñón en xavelina e Sergio Coello en lonxitude,

Os recentes plumarqistas galegos absolutos dos valos curtos Uxía Pereira e Hugo Vázquez en excelente estado de forma, tamén estarán sobre o sintético alacantino.

Campionato de España máster

Un total de 215 será o número de participacións galegas que poderemos seguir do 5 ao 7 de xullo na localidade madrileña de Alcobendas onde se estará disputando unha nova edición do Campionato de España de are libre máster.

Entre a relación que acude, estarán os campións de España do pasado ano en Jeréz de la Frontera Miguel Gómez do Celta tamando parte nos 100 e nos 200 m. M40; Juan Luis Paz do At. Sada nos 100 valos e lonxitude M50; Pablo Fervenza do Samertolameu nos 1.500 m. e nos 5.000 m. M70; Bea Viteri do Samertolameu en pértega F35; Tania Valverde do Ourense At. en lonxitude F35; José Fernández Nieves do Celta nos 5.000 marcha; Fernando Paredes do Celta en peso M45; Javi Viteri do Samertolameu en martelo pesado e xavelina na M60 e Ángeles Rodríguez de A Silva en peso, disco, martelo pesado e xavelina.

A maiores estarán tamén na localidade madrileña a plusmarquista mundial Esther Pedrosa quen se atopa inscrita nas probas de 400 m., 800 m. e1.500 m. F60 e o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. nos 5.000 marcha M40.

O plusmarquista de España do Marineda nos 100 valos M65 Miguel López así como un dos plusmarquistas mundiais de remudas indoor Nemesio Gutiérrez do At. Friol nos 5.000 m. M65, serán outros dos que tomen parte neste campionato de España que se poderá seguir en streaming.

 

Compartir: