O atletismo galego iguala en París o seu tope histórico con sete atletas

Xa é oficial, un total de sete atletas e dúas xuizas serán os que representen ao atletismo galego nos vindeiros Xogos olímpicos de París 24.

A lista que era anunciada esta mesma mañá polos responsables da Real Federación Española de Atletismo, confirmaba o máxino número de atletas posibles ca inclusión finalmente de Yulenmis Aguilar no concurso de xavelina que foi dúbida pola súas molestias no ombreiro ata última hora.

Xunto a Yulenmis Aguilar estarán na capital francesa a campioa europea indoor e bronce olímpico en Tokio Ana Peleteiro no concurso de triplo; o campión de europa indoor dos 800 m. Adrián Ben; a subcampioa de España dos 10.000 marcha Antía Chamosa na proba de maratón por relevos mixtos;  a finalista europea Belén Toimil en peso e a dobre presenza galega na proba de maratón por parte dos campións de España da modalidade Ester Navarrete e Tariku Novales.

A maiores, están designados pola World Athletics as xuízas internacionais Loreto Pérez quen debuta nunhas olímpiadas e Dolores Rojas que suma nada menos que a súa cuarta participación logo de Atenas-04, Londres-12 e Tokio-20.

Chegamos aos 50

Con esta importante presenza, o atletisgo galego confírmase como unha das federacións galegas con maior número de deportistas en París igualando o seu maior rexistro histórico que data de Barcelona-92 na que estiveron participando  Alejandro Gómez, Estela Estévez, Carlos Adán, Carlos de la Torre, Angeles Barreiro, David Varela e Julián Sotelo.

Ademáis na capital francesa acádarase o número redondo de 50 participacións de atletas galegas e galegos nas distintas edicións nas que Carlos Pérez (Roma-60,México-68, e Munich-72) Alejandro Gómez (Seoul-88, Barcelona-92 e Atlanta-96)  e Alessandra Aguilar (Beijing-02, Londres-12 e Rio-16) son os que máis participacións acumulan.

 

Compartir: