Santi Canicoba, novo responsable da Escola Galega de Adestradores

O Presidente da Federacion Galega de Atletismo Iván Sanmartín, ven de anuciar o nomeamento de Santi Canicoba (Santiago, 1976) como o novo responsable da Escola Galega de Adestradores.

Perfil técnico

Vencellado ao mundo do atletismo desde fai moitos anos, Canicoba pusúe na actualidade o nivel III de adestrador Nacional contando ademáis con varios títulos de capacitación como a do Máster de Profesorado en Actividades Deportivas ou a de Xestor de Instalacións Deportivas e Pedagoxía para o deporte.

Ao longo da súa traxectoria deportiva foi adestrador en varios clubs, sendo fundador do Entrenarunning que conta na actualidade con algo máis de 130 licenzas.

Entre os obxectivos plantexados pola xa novo responsable, están os de formar un equipo de traballo que contará ca presenza tanto de  Verónica Cores como de Ana Fiestras. De igual modo estarán entre os seus plans, a captación e recollida das distintas necesidades existentes do colectivo de adestradores, ou a de ser unha canle comunicativa con federación e institucións. No apartado de formación, impulsará un congreso de adestradores poñendo ao alcance dos mesmos a máxima formación a través de actualizacións formativas de xeito periódico.

Agradecemento

Canicoba sustitúe a quen fora ata o momento o seu responsable Pepe Domínguez a quen a Federación quere recoñecer e destacar a gran labor desenvolta durante todos estes anos ao fronte da mesma.

Na foto, Santi Canicoba ocupando a posición central.

Compartir: