Resultados en Directo

O Galego Sub14 deixounos dúas novas mellores marcas galegas

As pistas Gregoria Pérez Rivera de Lugo recibían esta fin de semana a visita dun importante número de deportistas dispostos e dispostas a competir no Campionato Xunta de Galicia Sub14 que xuntaba a máis de catrocentos atletas en representación de vintesete clubs.

Bos resultados

Entre os resultados producidos, compre salientar os excelentes rexistros que deixaban moitas melloras no ranking galego anual da categoría, así como a consecución de dúas mellores marcas galegas Sub14.

Comezando ca velocidade, o máis interesante foron os rexistros de Sofía Paz do Barbanza proclamándose campioa galega sobre a distancia dos 80 m. con 10.35.

Sara Pérez de A Gándara con 1:20.45 e Leandro Vidal do At. Negreira con 1:16.01 domiñaban o medio quilómetro cun Rubén Vázquez do Beade, entrando a 25 centésimas do gañador masculino.

Nos 2.000 m. os protagonistas foron Lía Núñez da Atlética Lucense con 6:56.44 e Manuel Fernández do Limiactivia con 6:50.58 os cales se impuxeron con claridade nesta distancia.

Cambiando de modalidade, excelente tempo o efectuado polo atleta da Gimnástica Iago Gómez sobre os 80 valos nos que invertía un crono de 11.81 que representan unha nova mellor marca galega Sub14. En mulleres Irene Méndez do Celta Feminino con 13.39 nos valos curtos e os 34.43 de  Matilda Veiga do Pinarium sobre os valos longos, convertíannas nas novas domiñadoras galegas da distancia.

Os sempre interesantes obstáculos, deixaban a Pedro Moirón do Maderas Barcia Lourenzá-Cervo, por debaixo da barreira dos tres minutos con 2:59.01 o que de igual modo supuxeron unha nova mellor marca  galega Sub14.  Boas actuacións tamén tando de Sara Liébanas do Celta Feminino como de Sabela Abarca da Gimnástica, con triunfo final para a viguesa con 3:31.23.

Sobre o listón de altura, o título galego foi parar ao atleta da Piringalla Eloy Fernández quen chegaba ata os 1.59 m. e para Naiara López do SD Compostela quen facía o propio ao rebasar a barreira dos 1.50 por un centímetro. Xa na pértega a protagonista foi Daniela Peliquín do Xuncas Diversia con 2.00 m. polos 10.42 m. de Gisela González do Lucus no concurso de triplo.

Sen abandoar o foso de area, era Celia Couto do Rías Baixas quen chegaba ata os 4.92 m. no seu último salto de lonxitude que lle daban o título fronte a Gabriela Bouzada do Celta Feminino cuxo mellor salto foi de 4.75 m.

Ata o terceiro intento tiveron que chegar no círculo de peso Martín Chico do R.C.Celta con 12.14 m. e Angela Lendoiro do At. Narón con 9.34 m. para proclamarse campións galegos. Precisamente a naronesa repetía título en disco ao lanzar ata os nada despreciables 32.36 m.

No resto de lanzamentos, Alán Cadavid do Ames Atletismo chegaba na xaula de martelo ata os 52.20 m. rebasando Antón Díaz do At. Narón a barreira dos 31 m. na xavelina por 85 centímetros. O de Narón repetía título nos 3.000 marcha masculino cun bo crono de 16:06.06,  sumándose na mesma distancia pero en mulleres, Sara Cabado da Atlética Lucense quen se impuxo con 16:42.44.

Por último nas remudas de 4×80, foi o conxunto do Ourense Atletismo quen lograba o primeiro posto tanto na categoría masculina con 42.45 como na feminina con 43.20.

Compartir: