No día de hoxe tivo lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra, a presentación do Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18 ca asistencia de Jose Ramón Lete Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Santi Ferrer Moreira membro da Comisión Delegada de RFEA; Anabel Gulías Concelleira de Deportes do Concello de Pontevedra; Iván Sanmartín presidente da Federación Galega de Atletismo e Daniel Benavides Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Pontevedra.
Durante esta presentación, que transcurriría nun ambente moi amigable, Sanmartín destacaba a extraordinaria colaboración amosada por todas as institucións que precisamente coincidían en tomar este campionato como punto de partida para novas colaboracións e proxectos deportivos en común. O mandatario do atletismo galego, quixo agradecer o esforzo da Secretaría Xeral no acondicionamento da pista de atletismo do CGTD, “na cal se está desenvolvendo un gran e fructífero traballo”
Anabel Gulías pola súa banda, amosaba a satisfación do Concello de Pontevedra por colaborar neste tipo de eventos deixando constancia da súa disposición en seguir traballando conxuntamente ca Federación na organización de máis probas e campionatos atléticos.
Pola súa banda, Jose Ramón Lete tamén interviña poñendo en valor a aposta que se está levando desde a Xunta de Galicia en materia de instalacións e que daban como resultado, as remodelacións da pistas da Universidade en Santiago; a do CGTD en Ponteveda; a posta en marcha dun módulo cuberto en Ribeira ou a intervención, a primeiros do ano, na pista de Monterrei en Periodo de Aguiar. De igual modo destacaba o labor levado a cabo no CGTD na que Gustavo Dacal e Frank Casañas tiveron unha mención especial.