Resultados en Directo

Esgos encheuse de deporte e natureza

María Martínez do At. Porriño con 1h.26:24 e Alejo Ares do ADAS Cupa con 1h.07:19 no Trail de montaña longo e Julia Salvado do S.D. Compostela con 51:30 e Eloy Martínez do Atletismo Porriño con 37:12 na modalide curta, proclamáronse no día de onte no Concello de Esgos, campións galegos e galegas de Trail Running na modalidade de montaña

Con algunhas variacións de percorrido con respecto a edicións anteriores que foron moi ben recibidas porlos participantes, Esgos acollía un novo Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade de montaña que congregaba no concello ourensá a varios centos de atletas os cales puideron tomar parte tanto no campionato, como na proba popular e a andaina que de maneira paralela e ao longo da mañán, se foron desenvolvendo.

As probas que deron comezo ás 10.30 horas, foron desenvolvéndose baixo unhas condicións climáticas ideais para a práctica desta modalidade na que novamente a gran organización levada a cabo polo Concello e as excepcionais contornas naturais do percorrido, foron o principal reclamo deste edición.

A premiación de gañadores contou ca presencia do alcalde do Concello Mario Rodríguez quen estivo acompañado por varios concelleiros no acto de entrega. De igual modo e por parte da Federación, asistiron o seu Vicepresidente Eladio Gómez e o responsable de Trail Running da FGA Iván Sangiao

Gañadores por categorías

Trail Montaña Longa

  • Absoluta. María Martínez (At. Porriño) e Alejo Ares (ADAS CUPA)
  • Sub23. Hugo García (At. Portugalete)
  • Máster35. Rosa Mª Araujo (Burgas Ou.) e David Álvarez (At.Porriño)
  • Máster40. Rosario Sureda (Samertolameu) e Amador Pena (S.D Compostela)
  • Master 45. Esther Hernández (Indep.) e Emilio Losada (Biosbardo)
  • Máster50. Aurora González (Pinarium) e Emilio  Montilla (Biosbardo)
  • Máster55. Ráquel Estévez (Pinarium) e Manuel González (Pinarium)
  • Máster60. Saturnino Gonzalez (Ourense At.)
  • Máster65. Araceli Veiga (At. Cambados) e Manuel Suárez (Vet. Samil)

Trail Montaña Curta

  • Sub20. Julia Salvado (SD Compostela) e Eloy Martínez (Indep.)
  • Sub16-18. Helia García (At. Ribadeo) e Brais García (At. Ribadeo)

Compartir: