Os Sub18 e as categorías base, centraron a axenda de pista

Bo campionato o vivido esta fin de semana nas pistas viguesas de Balaídos durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub18.

Durante o mesmo produxeronse interesantes resultados que chegaban na súa maioria procedentes concursos. Entre os rexistros máis salientables atópanse os 3.50 m. que sobre o listón de pértega protagonizaba a atleta do Ourense Atletismo Manuela Blanco e os 13.78 m. que tamén nos deixaba o atleta do A. Negreira Gonzalo Cuns en triplo.

Os lanzamentos foron os que máis destacaron . Comezando polo peso, tanto Gema Dacosta do Vila de Cangas con 13.69 m. como Eloy Acuña da Gimnástica de Pontevedra con 13.24 m. convertíronse nos grandes protagonistas desta modalidade. O martelo estivo acaparado por Aixa Corbacho do Rías Baixas quen con 63.04 m. colocábase líder destacada nacional da modalidade mellorando a súa anterior marca en prácticamente nun metro. En homes resultaron tamén bos ós 60.82 m. do lanzador do Real Club Celta Xaido Nimo.

A xavelina contouse ca presenza tanto de Antía Otero do At. Narón como de Enzo López do At. Barbanza quenes mandaban respectivamente os seus artefactos ata os 41.34 m. e aos 58.35 m.

Nas probas de corda Leo Rodríguez do Real Club Celta convertíase nun dos protagonistas do campionato ao lograr os títulos nos 400 valos en 54.05 e nos 110 con 14.56, ambas dúas con excelentes rexistros. Sobre os 400 m. Miguel García do Samertolameu baixaba dos cincuenta segundos para parar o reloxo en 49.46

No medio fondo, Daniel Salguero do Coruña Comarca lograba o campionato na proba dos 800 m. cun rexistro de 1:54.76. Alex Sierpes do Trega e Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural,  protagonizaron un interesante duelo na final sobre nos 1.500 m. con triunfo para o do Trega con 4:22.43 polos 4:22.96 do lucense

En mulleres Sabela Martínez da Gimnástica lograba o título galego nos 2.000 obstáculos cun crono de 6:49:00  que a sitúan no top3 do ranking nacional da súa categoría.

Por último, tamén excelente o céltico Adrián Bernárdez  quen se impuxo nunha final moi disputada a Sebastian Bascoy do Coruña Comarca. O vigués realizaba unha mellor marca de 21.95 polos 22.49 do coruñés.

Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12

Moita participación a que se puido ver en Elviña o sábado durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12.

Nunha xornada pasada por auga, estiveron en acción os máis cativos e cativas do noso atletismo competindo e compartindo unha experiencia na que novamente a deportividade, o entusiasmo e as gañas de participar, convertiron as pistas universitarias herculinas nunha gran festa do atletismo galego de base.

 

Compartir: