Fin de semana histórico para o atletismo galego

Fantástica xornada para o atletismo galego a vivida esta fin de semana nos Campionatos de Europa de Roma na que se lograban unha medalla de ouro e outra de bronce e dous postos de finalistas.

Sen lugar a dúbidas a gran noticia estivo novamente no foso de triplo salto na que unha fantástica Ana Peleteiro fixo o que tan só ela é capaz de facer: sair, saltar e gañar. A de Riveira parace non coñecer límites as súas aspiracións deportivas volvendo demostrar no olímpico de Roma ,a súa gran capacidade competitiva e enorme clase que a colocaron cun magnífico salto de 14.85 m.,  no escalón máis alto do podio europeo

Con este título a de Ribeira manda unha seria mensaxe de cales son as súas intencións na capital de París en menos de dous meses.

Outra das boas novas que acontecían, era a medalla de bronce por equipos que lograba Ester Navarrete na proba da media maratón. Ester lograba entrar como segunda española tras Maria Luengo, no posto 13º cun rexistro de 1h.11:08  que sumado ao de 14ª Fátima Ouhaddou e ao 32ª Martixel Soler, concedían ao equipo hispano estar no podio ocupando unha magnífica terceira posición e dando ao atletismo galego outra medalla ( a primeira) destes campionatos.

Por si fora pouco, tamén Belén Toimil lograba un excelente resultado neste campionato de Europa no concurso de lanzamento de peso. A de Mugardos conseguía nas clasificatorias entrar na final logo de lanzar ata os 17.76 m. para unha vez no grupo top europeo, mandar a bola ata os 18.43 m. que a fixo estar por moito tempo na pelexa directa polos metais, algo impensable fai apenas uns anos. Con este lanzamento Belén remataba o seu campionato nunha magnífica 5ª posición que sabe a enorme éxito.

O outro dos que tomaban parte nesta cita contiental foi Adrián Ben. Ca mente e a preparación posta en París o noso campión de España, lograba o pase as semis gañando a súa serie con 1:46.39 que a súa vez permitialle entrar na final por tempos con 1:45.34. xunto ao resto de atletas españois Álvaro Arriba e Mohamed Attaouitaui. Foi precisamente este último quen lograba o subcampionato de Europa nunha carreira na que o de Viveiro recibiu varios contactos que lle racharon o ritmo, entrando finalmente nunha sexta posisión con 1:46.54

No día de hoxe debutaba a última das nosas representates. Yulenmis Aguilar lanzaba por vez primeira ca camiseta da Selección de España logo de lograr a súa nacionalidade. A pupila de Raimundo Fernández,  cunha marca este ano de 63,90 m. buscaba o seu pase a final, máis o seu lanzamento de 57.27 m. ( 54.89/57.27/X) quedaba bastante afastado do que viña lanzando de maneira regular. Os nervios do debut e a súa infiltración no ombreiro, non axudaron a lanzadora que buscará no Campinato de España unha nova oportunidade.

Carreira de Adri Ben

Lanzamento de Belen Toimil

Salto de Ana Peleteiro

Esther Navarrete

Yulenmis Aguilar

Compartir: