Asheber Díaz acada a primeira medalla internacional para Galicia en TR

O Trail Running galego continúa facendo historia. Si o pasado 21 de maio anunciábamos que a convocatoria para o Campionato de Europa dos galegos Asheber Díaz e de Sandra González marcaba un gran comezo cargado de posibilidades e de futuro para o noso atletismo nesta modalidade, no día de hoxe volvemos novamente a seguir anunciando a consecución de novos obxectivos.

Foi durante a disputa do Campionato de Europa levado a cabo en Francia na que os nosos representantes tomaban parte nas modalidades tanto de subida vertical como de Montaña clásica.

Na primeira das mesmas e baixo unhas condicións climáticas algo adversas, Sandra González encadrada no equipo feminino Sub20 lograba a nivel individual o posto 22º que sumado a actuación do resto de atletas daba a España o 6º posto da clasificación xeral. No mesmo día e sobre esta mesma modalidade, Asheber Díaz remataba a súa actuación no posto 31º contribuido a que o equipo de España Sub20 masculino lograra por equipos o 5º posto da clasificación xeral.

Logo deste debut e sen apenas tempo de recuperación, os nosos representantes apuraban a súa posta a punto ca mente posta na competición de montaña clásica. E foi precisamente nesta modalidade, na que se produxo a primeira medalla dunha proba internacional para o atletismo galego.

En concreto foi o combinado español integrado por Menéndez, Hernández, Macías e Asheber Díaz quenes lograban a medalla de bronce nunha proba na que só cederon ante franceses e italianos e na que o noso representante contribuía ca súa 19ª posición, converténdose no primeiro galego en acadar unha medalla nun encontro internacional desta modalidade.

A maiores tamén boa actuación de Sandra González co equipo Sub20 feminino logrando entrar na línea de meta no oposto 26º e que xunto ás actuacións de Pujalte, Herault e Buenavida a piques estiveron de entrar nos postos de podio.

Compartir: