Os máster brillaron en Balaídos

O Concello de Vigo e Federación Galega de Atletismo organizaban esta pasada fin de semana nas pistas de Balaídos a celebración do XXXVII Campionato Xunta de Galicia Máster baixo unha destacada participación de atletas e participantes.

Excelente nivel deportivo

A nivel deportivo, cabe salientar a consecución dun total de dazanove novos récords galegos o que pon de manifesto o excelente nivel desenvolto durante a disputa do mesmo.

Os concursos de saltos, foron as especialidades que depararon boa parte das melloras marcas rexistradas cos récords de Basi Bernárdez de a Silva tanto na lonxitude M50 con 6.10 m. como na do triplo con 11.64 m. Sobre esta mesma modalidade, Verónica Cores do A.A. Mazí na F45 chegaba ata os 9.55 m. polos 4.76 m. que sobre a area de lonxitude realizaba Alberto Vázquez do Samertolameu na M60.

Os lanzamentos tamén deixaron bós rexistros. En concreto, sobre o círculo de peso compre salientar a José Cidrás na M75 con 8.87 m. e os 10.33 m. de Santiago Ferrer da Gimnástica na M65. O martelo pesado tamén contou con protagonismo da man dos máters maiores de cincuenta, no que Carlos Almudí de A Silva chegaba ata os con 18.70 m. polos 11.54 m. de Myriam Vázquez do C.D. La Purísima.

Jose Cidrás do San Miguel de Marín convertíase nun dos protagonistas desta edición ao sumar ao récord de peso, os de 100 m. con 16.10 e dos 200 m. con 34.2. Sen abandoar o dobre hectómetro, rexistro destacado o de  Fernando González na M70 logo de rematar en 31.5.

As carreiras de valos contaron ca presenza  destacada do plusmarquista de España José Manuel López do Marineda quen non deixou pasar a oportunidade de lograr na proba dos 300 v. M65 un novo récord de España ao rematar a distancia en 49.12. Laureano Martínez do At. Sada na M45 lograba tamén un importante crono de 1:03.47.

Nas distancias longas novo récord galego para Angeles Ripoll do At. Sada quen era capaz de parar o crono nos 5.000 W65 en 23:10.84.

Por último, os equipos de relevos do Samertolameu lograban sobre os 4×100 os récords nas categorías femininas F55 e F35 así como na masculona M60. Xunto aos de Moaña compartindo récords estiveron os equipos de A Silva na M50 e do At. Sada na F45.

Personaxes ilustres

Unha das excelentes novas deste campionato foi sin lugar a dúbidas a reaparición dunha das grandes lendas do noso deporte, Javier Alvarez Salgado. O olímpico en México-68 e Montreal-72 e medallista bronce indoor no europeo de Viena-70 entre outros, lograba rematar a proba dos 100 m. cun crono de 21.10 na categoría maiores de oitenta.

E se falamos de maioires de oitenta, Jose Manuel Almudí de A Silva, pai de toda unha saga de excelentes campións, foi cos seus 84 anos o atleta máster sobre o sintético de Balaídos con máis anos de todos os participantes, logrando os títulos nas probas de martelo (3 kg.) con 29.58 e martelo pesado (5.45 kg.) con 10.80 m.

Compartir: