A hora da verdade para a Gimnástica, Ría, Celta e Narón

Logo da disputa das dúas xornadas previas, esta fin de semana chega o gran momento na liga de clubs tanto en División de Honra como en Primeira na que se atopan incursos varios clubs galegos con moito en xogo.

Comezando pola División de Honra, o único representante galego nesta categoría a Gimnástica de Pontevedra en homes, será quen menos presión e máis esté disfrutando do seu compromiso. Os pontevedreses, nunha fantástica tempada ligueira, conseguían entrar no grupo dos top-8 o que lles dará a opción de estar na loita polo título sen nada en xogo máis alá de facer un bo encontro e disfrutar do seu merecido premio. Todo apunta a que este ano será novamente o Facsa Playas Castellón, quen logre un novo título de liga masculino.

Expectación máxima na Primeira División

A primeira División será a categoría que centre boa parte da atención dos afeccioados e afeccioadas nesta fin de semana. Serán un total de cinco clubs galegos quenes se xoguen todas as súas aspiracións nesta última e decisiva xornada con intereses ben distintos.

De todos eles, será a fase de ascenso feminina á División de Honra a quen conte co maior número de equipos galegos, xa que entre os oito que loitan por un dos dous billetes do ascenso, estarán nada menos que tres conxuntos galegos.

Por unha banda o RIA Ferrol aspira a recuperar a máxima categoría perdida a pasada edición. As ferrolás veñen de gañar todos os seus encontros polo que parten cas máximas aspiracións na súa última e decisiva xornada. Os rivais a bater e cos que terá que pelexar por unha das dúas prazas, serán as madrileñas da A.D. Marathon e da A.D. Sprint así como cas catalás do Cornellá Atletismo.

A Gimnástica de Pontevedra chega xunto ao Celta Feminino nos postos medios da clasificación empatadas a tres puntos, pero que sitúan as pontevedresas por riba cun maior coeficiente. O conxunto do Lérez sumaba un segundo posto no seu encontro inaugural de Vallehermoso e un terceiro en Durango. Pola súa banda o Celta tan só cedía en Valladolid ante o RIA no encontro inaugural, rematando no terceiro posto na segunda xornada levada a cabo en Huesca.

Ambos conxuntos, malia que con poucas opcións, estarán pelexando como neles é habitual por estar o máis alto posible nunha clasificación xeral que apunta moita igualdade e emoción.

Celta e Narón en homes, con obxectivos distintos

En homes, obxectivos dispares para os equipos galegos en liza. Por unha banda o Atletismo Narón intentará amarrar a súa permanencia en primeira para o cal terá que evitar as dúas ultimas posicións do seu encontro a oito equipos que se disputará en Madrid.

A priori os naroneses teñen potencial para estar un ano máis en primeira, máis a última xornada a home por proba, non deixa marxe a erros. Os rivais directos dos galegos serán as formacións da A.D. SprintAvinent Manresa, e Aldhara Lleida U.A.

Para o Real Club Celta en cambio, e logo de que estivera moi pretiño nas dúas últimas ocasións, esta representa unha nova oportunidade máis para dar o paso a máxima categoría do atletismo estatal. O conxunto celeste conta os seus encontros por victorias, logo dos  triunfos tanto en Gijón como nas pistas madrileñas de Vallehermoso, acudindo a esta xornada decisiva en Castellón, cas máximas aspiracións e confianza.

Un potente UCAM Cartagena, e os conxuntos do Del Sur Cooperativa la Palma e o Atlético Salamanca, postúlanse xunto aos vigueses, como os serios aspirantes ao ascenso nunha xornada que se levará a cabo en Castellón o domingo 26 en xornada de mañá.

Compartir: