Excelente campionato o desenvolto esta fin de semana no Barco de Valdeorras, lugar escollido no que se deron cita os mellores clubs galegos das categorías base.
A pista de Calabagueiros acolleu no día das letras galegas, unha nova edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub10 e Sub12 na que tomaron parte un total de trinta e sete equipos achegados de todos os recunchos da nosa comunidade o que converteu a cita, na gran festa do atletismo base galego.
Como sempre o entusiasmo, a motivación e algún que outro nervio, marcaron este campionato no que o principal obxectivo foi o de convertilo nunha gran xornada de motivación pero sobre todo, de estímulo e aprendizaxes.
A categoría máis numerosa foi a Sub12 que contou ca participación dun total de 25 equipos dos cales o ADAS CUPA, Atletismo Narón e C.D. La Purísima en homes ocuparon os primeiros postos do podio sendo o Atletismo Narón, Atlética Lucense e C.S.C.R. Beade quenes facían o propio na categoría feminina.
Xa na categoría Sub10 os triunfos en rapazas foron para as formacións do C.S.C.R. Beade, ADAS CUPA e C.A. Millaraio así como a do e ADAS CUPA, Atletismo Narón e A.C. Deportiva Piringalla na de rapaces.
Os equipos participantes, a maiores dos primeiros clasificados foron: Atletismo Deza, Ourense Atletismo, Xuncas Diversia, Sociedad Gimnástica, Atletismo Sada, Marineda Atlético, A. Vila de Cangas, Mederas Barcia Lourenzá-Cervo e Atletismo Porriño,