Kimberly e Toshikazu repiten no palmarés de Cantones

Novamente todo un éxito no organizativo e no competitivo o visto no día de hoxe nos Cantóns da Coruña que viron como os marchadores Kimberly García de Perú cun rexistro de 1:26.41 e o xaponés Toshikazu Yamanishi cun crono de 1:17.47, repetían título e proclamábanse gañadores da XXXVII Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña. Trofeo Sergio Vázquez desevolto ante un importante número de público asistente que non deixou en ningún momento de animar.

A categoría feminina estivo claramente controlada pola gañadora do ano pasado Kimberly García que deu mostras dende o primeiro metro do seu excelente estado de forma que fan dela unha seria candidata ao título olímpico de París. Xunto a marchadora campioa do mundo nos 20 Km. e nos 35 Km. de Oregón 2022, estiveron ocupanfo zonas de podio Alegna González de México a dazaséis segundos da gañadora e a chinesa Hong Liu quen chegaba a algo máis de medio minuto e a quen todos recordaremos por tratarse da atleta que no ano 2015 lograba neste mesmo escenario batir o récord mundial da proba.

En homes a proba resultou moito máis emocionante decidíndose practicamente a falta de douscentos metros. Nun grupo de cabeza no que marchaban os principais favoritos, o paso dos kilómetros foi seleccionando aos máis fortes ata quedar en cabeza o marchador Yamahishi, e o bicampión do mundo en Budapest Alvaro Martín. O  xaponés, quen xa gañara Cantones no ano 2019 logrando a mellor marca dos 20 Km., sempre estivo nos postos centrais do grupo de cabeza, lanzaba un ataque a falta de dous kilómetros ao que tan só Alvaro Martín foi quen de aguantar, máis o esforzo foi en vano xa que o trinfo acababa viaxando cara Tokio cun crono de 1:47:47. O extremeño entraba no Segundo posto a dous segundos comopletando podio Caio Bonfim de Brasil con 1:17:52.

Os primeiros marchadores galegos en entrar en línea de meta foron os irmáns internacionais Antía e Daniel Chamosa, no posto 12º con 1:29:11 e 26º con 1:20:19 respectivamente

Por último sobre a proba dos 10 Km. resultaron gañadores  Griselda Serret cun rexistro de 48:08 e ao marcador francés Hugo Ellul con 42:52

Distincións

Durante o encontro tívose a oportunidade de homenaxear a viúva de quen fora o precursor e impulsor deste gran premio,  Sergio Vázquez. Estrella Salvadores, recibía unha forte ovación de todo o público e atletas asistentes. De igual modo tamén recibía un recoñecemento Dolores Rojas, outra das grandes artífices do desenvolvemento deste gran premio.

O Vicepresidente da Federación Chiensa de Atletismo Yuanfu Sun e o vicepresidente do Comité Olímpico Chinés Jinquiang Zhou, tamén recibiron unha placa de mans do Presidente da FGA Iván Sanmartín

Compartir: