Conta atrás para o mellor evento mundial de marcha atlética

No día de hoxe tivo lugar a entrega no Concello da Coruña da última distinción lograda pola organización do Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña-Trofeo Sergio Vázquez que recentemente foi galardoada na gala anual do atletismo Español desenvolta en Madrid.

O acto de recepción contou ca asistencia da Alcaldesa da Coruña Inés Rey, do Deputado provincial de Deportes Antonio Leira, a do Presidete da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín e a do Concelleiro de Deportes Mnauel José Vázquez.

Esta nova distinción convirte ao Gran Premio de marcha un ano máis, no mellor evento estatal a nivel organizativo que se engade a un ampla relación de recoñecementos, distincións e premios entre os que destaca o da Placa Patrimonio Mundial do Atletismo que foi outorgada oficialmente pola World Athletics o 29 de marzo de 2019, sendo a primeira e única proba española en figurar co devandito recoñecemento.

Cantones volve xuntar un elenco importante de marchadorass e marchadores a nivel mundial

Un importante elenco mundial de marchadoras e marchadores converterán o próximo día 18 de maio os Cantones coruñeses no epicentro de atención mundial do atletismo.

Nesta ocasión, celebrarase case un mes despois do Campionato do Mundo de Marcha por equipos en Antalya, na que España lograba uns formidables resultados que evidencian o excelente nivel desta modalidade no noso atletismo.

Nesa edición, cultivábanse nada menos que un total de catro medallas no plano individual e catro por equipos destacando os títulos na categoría absoluta masculina e feminina Sub20

Si fantástico, en termos de resultados, foi o campionato do mundo, non menos fantástico prevese que sexa o Gran Premio de marcha xa que entre outros alicientes, confirmaron a súa asistencia nada menos que un total de sete medallistas mundiais entre as que destaca a presenza da marchadora española bicampioa do mundo en Budapest María Pérez quen reaparece despois da súa inoportuna lesión coa mente posta nos Xogos Olimpicos.

A expedición chinesa, sempre numerosa estará encabezada pola bronce olímpico en Tokyo-20 Liu Hong, e da que todos os afeccionados lembrarán por tratarse da atleta que lograba no ano 2015 establecer no circuíto Cantones o récord do mundo da proba do 20 Km.

A expedición top chinesa complétase coa presenza de Shijie Quieyang bronce mundialista en Oregón-22 e Zhenxia Ma gañadora de Cantóns en 2018 e 2022.

A bicampioa mundial en Oregón-22 e gañadora do certame coruñés a pasada edición Kimberly García será sen dúbida outro dos grandes atractivos desta edición

Xunto á peruana estarán nesa liña de salída do 20 Km. a brasileira Erica Sena bronce mundialista en Budapest, así como as finalistas mundiais Glenda Morejón de Ecuador e Viviane Lyra de Brasil

Outro dos focos importantes de atención nesta proba feminina será a que centren as marchadoras galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán.

As dúas atletas atópanse realizando unha tempada fantástica referendada con eses formidables resultados logrados no pasado mundial de seleccións de Antalya na que lembremos, Meilán conseguía individualmente a segunda posición na proba Sub20 e o campionato do mundo por equipos e Chamosa subía ao podio co equipo absoluto logrando entrar en liña de meta nunha excelente novena posición.

Ambas sairán a por todo diante do seu público en especial Antía Chamosa, quen se atopa na lista de serias aspirantes a ocupar praza olímpica.

Na categoría masculina novamente as miradas estarán centradas na actuación dos españois liderados por Alvaro Martín, flamante bicampión do mundo nas probas do 20 Km. e 35 Km. na pasada edición de Budapest. Xunto ao marchador pacense estarán tamén os finalista olímpicos Marc Tur e o gañador de Cantóns no 2021 e terceiro en Antalya Diego García.

Un potente equipo xaponés virá encabezado polo subcampión olímpico en Tokyo-22 Koki Ikeda quen estará acompañado polo campión do mundo en Oregon-22 Toshikazu Yamanishi. Un dos asiduos a Cantones, o brasileiro bronce mundialista en Budapest-23 Caio Oliveira de Sena lidera o grupo de marchadores Iberoamericanos que completan o portugués subcampión mundial o Doha-19 Joao Oliveira.

As últimas prazas olímpicas decidiranse en Cantones

A coincidencia este ano tanto da disputa dos XX.OO en París-24 como sobre todo a disputa dos Campionatos de Europa de Roma nas datas habituais de Cantones, obrigaron a adiantar a celebración desta cita que a pesar diso, seguirá sendo decisiva para asignar as últimas prazas en xogo para París-24 de moitos equipos nacionais.

Por parte española, están en xogo nada menos que a última praza feminina e masculina do 20 Km polo que, e a expensas do que suceda no europeo, terase moi presente o resultado cultivado na Coruña.

Dossier Cantones 2024

Compartir: