Resultados

Presentouse a Copa Deputación de Ourense de Atletismo

A 41ª Copa Deputación de Ourense de atletismo foi presentada no día de onte no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, así como do director da Escola Ben Cho Shey, Germán González; o presidente do Club Limia Activa, Miguel Díaz; o presidente do Ourense Atletismo, José Antonio Álvarez; e do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Lalo Gómez.

Como gran novidade, este ano a Copa Deputación (que é a máis antiga da provincia, trala de fútbol e a de baloncesto) terá competición en pista ao aire libre, en ruta, en campo a través, en pista cuberta e en trail running para albergar todo o espectro do atletismo, tendo en conta que se trata dunha disciplina deportiva con cada vez máis afección.

Tamén se presentaron as series provinciais, que se ampliarán dada a alta demanda de competicións por parte dos afeccionados e federados neste deporte.

Gran participación dos clubs ourensáns

A nivel local, os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo, Club Deportismo La Purísima, ADAS de O Barco e Club Deportivo Aurum.

 

Compartir: