No día de hoxe Eloy Bretal comunicaba ao Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín a súa decisión de non seguir ao fronte como presidente do Comité Galego de Xuices por motivos estrictamente personais, logo de estár dirixindo o citado Comité durante máis de once anos.
Nun breve comunicado, o xa expresidente dos xuíces galegos e galegas anunciaba que “ O motivo é de índole persoal e obedece a un cansancio acumulado de moitos anos de actividade que fixeron que acabara tomando a decisión de parar por un marxe de tempo. Quero amosar a miña gratitude á confianza depositada en todo momento por Iván Sanmartín e de toda a súa Xunta Directiva así como a do resto de estamentos atléticos durante todos estes anos”.
Pola sú banda, o presidente da FGA Iván Sanmartín amosaba a súa total comprensión e apoio á decisión adoptada, expresando “…o meu recoñecemento ao gran traballo levado a cabo por Eloy Bretal ao fronte da presidencia do Comité durante todos estes anos. A súa gran capacidade de traballo, o seu talante e o seu carácter conciliador deixan un listón no noso atletismo moi alto”.
Angel López-Montesinos, será o novo Presidente
O relevo do CGX será collido polo xuíz nivel III da Delegación en Ourense Ángel López Montesinos pertencente ao panel de Dirección Técnica da RFEA quen xa coñece o cargo por ter sido presidente do CGX durante un breve período de tempo.
Ademáis de ser un perfecto coñecedor da realidade e das necesidades dos xuíces galegos e galegas, destaca no seu currículo o de ter sido mellor xuíz RFEA no ano 2012.
Na foto, Ángel López-Montesinos, Eloy Bretal, Iván Sanmartín e a Subdirectora Xeral de Xestión Deportiva Mar Teijeiro durante o último congreso de Xuíces celebrado en Compostela.