Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total de doce medallas do Campionato de España de 5K disputado na localidade estremeña de Don Benito.
O máis salientable foi título logrado por Juan Antonio Gude Lucus Caixa Rural na categoría de M50 o cal invertía un crono de 15:44 que representan a mellor marca dos campionatos. Seguindo con récords, a categoría F65 deparaba para os intereses galegos a medalla de ouro de Mari Carmen Rodríguez do SD Compostela cun rexistro de 23:33 ocupando a terceira posisión na mesma carreira Begoña de Arriba do Egovarros con 29:46.
O plusmarquista mundial master dos 4×800 indoor Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol, sumaba outro metal ao seu palmarés, desta ocasión sería unha prata M65 na que marcaba 19:26. Mesmo metal o que acadaba outro dos nosos atletas importantes, Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 cun rexistro de 21:23
Os resto de medallas foron os bronces que viñeron da man dos atletas do S.D.Compostela María Soledad Aurora na F50; José Suárez na M60, Israel Ropero na M45 e Amador Pena na M40
A maiores, tamén estaban en xogo os podios do campionato de España na modalide de equipos e na que o ADAS CUPA na categoría M40 formado por Juan Antonio Gude, Juan Miguel Maillo,Israel Ropero e José Carlos Ferreira, lograban o campionato de España
A S.D. Compostela Atletismo tamén tivo unha notable actuación no colectivo acadando os subcampinatos de España dos seus equipos F50 e M60