O Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas por clubs chega esta fin de semana ás pistas viguesas de Balaídos
Será durante o sábado e o domingo cando preto dun cento de atletas tomarán parte nesta edición que se desenvolverá de maneira paralela á celebración dun Criterium de combinadas.
O internacional 7000 do Real Club Celta e actual campión galego de pista cuberta Adolfo Saínz-Maza, será unha das principais atracións desta edición nas que estará compartindo protagonismo con Carlos Blanco do Ames Atletismo Savante, subcampión galego Sub16 de inverno e de Héctor Alba do Club Atletismo Sada, bronce no mesmo campionato.
Na categoría absoluta feminina, a campioa galega absoluta Eva Salvado da Gimnástica de Pontevedra, será outra das atletas participantes que centrará todas as atencións sobre o sintético vigués. Xunto ela a tamén subcampioa galega absoluta Nerea Amigo do Atletismo Sada, intentará estar preto da súa MMP.
No resto de categorías compre salientar na categoría Sub18 a participación da campioa galega indoor Noa Bobillo do C.D. La Purísima quen terá enfronte tanto a subcampioa galega Antía Calvo de A Silva como a compañeira de club, e medalla de bronce nacional no concurso de altura, Iria Solera. Por último a categoría Sub16 terá en Carla Allegue do Xuncas Diversia, subcampioa galega e 7ª no campionato de España, ao seu principal referente.
A fin de semana, como ben sendo habitual, será aproveitado para o desenvolvemento de varias xornadas de control que completaran a oferta atlética en pista.