Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de rango estatal que nos levan esta fin de semana ata a localidade pacense de Don Benito, escenario da celebración do Campionato de España do 5 Km. Máster.
Ata alí acudrirán un total de catorce atletas na categoría masculina e sete na categoría feminina co obxectivo de estar na loita tanto polos postos importantes como na disputa pola dos metais.
Entre a relación de admitidos e admitidas, figura a inscrición da campioa galega F45 do pasado 10K desenvolto en Xinzo de Limia, María Tarrio quen estará acompañada polos tamén campións galegos Marcelo Lanza na M50 e José Suárez na M60 todos do S.D. Compostela Atletismo
Na categoría F65, estarán sobre a línea de saída Mari Carman Rodríguez do S.D. Compostela e Begoña de Arriba do Egovarros, vixentes campioa e subcampioas galegas F65 de 10K sen esquecernos do bronce autonómico Rocío Díaz na F55
Por último tanto o trimedallista dos pasados mundiais de pista cuberta de Polonia Pablo Fervenza do Samertolameu na M70 como o plusmarquista mundial do relevo 4×800 m. indoor M65 Nemesio Gutiérrez do At. Friol, serán otras das bazas importantes galegas nesta edición.