Da comezo a Liga

Esta fin de semana volve toda e emoción e o espectáculo dos encontros de Liga tanto en honra como en primeira división o que obligará aos clubs a poñer en funcionamento toda a sua maquinaria competitiva.

Un total de catro equipos galegos tomarán parte este ano nas distintas probas e categorías entre as que destaca a presenza da Sociedad Gimnástica de Pontevedra como único representante en división de honra  masculina. Na primeira división, tomarán parte o Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica e Atletismo Feminino Celta na categoría feminina así como o Atletismo Narón e o Real Club Celta na categoría masculina.

A Gimnástica a cumplir a súa maioria de idade na categoría de honra.

A Gimnástica de Pontevedra será o noso único representante na máxima categoría da división nacional. Como sempre, o principal obxectivo pontevedrés será amarrar a súa permanencia o que suporía sumar de maneira inenturrumpida desde o ano 2007 a súa campaña número dazoito ne elite nacional. Para lograr o seu obxectivo viaxará ata o Estadio de los Pajaritos de Soria na que se enfrontará o día 13 de abril ao Fent Cami Mislata, Atletismo Numantino e AA Cataluña.

A priori o Fent Cami Mislata parte como claro favorito polo que o obxectivo pontevedrés será competir contra cataláns e casteláns que a priori, son rivais accesibles.

Obxectivos diversos para os equipos galegos na primeira división

Na primeira división feminina, interesante encontro o que manterán no Río Esgueva de Valladolid os equipos do Ría Ferrol e o Atletismo Feminino Celta.

As ferroláns descendidas o ano pasado, buscarán na presente edición voltar a máxima categoría para o cal terán que competir contra o conxunto celeste que pola banda, intentará repetir a excelente campaña do ano pasado. Xunto as galegas estarán nun encontro bastante igualado e equipo vasco do Barrutia A.E. e as locais do Atletismo Valladolid.

O terceiro dos equipos femininos neste primeira división, a Gimnástica de Pontevedra, competirá na capital de España no emblemático estadio de Vallehermoso nun encontro nada doado. As pontevedresas debutarán contra a madrileñas do Atletismo Sprint, e contra os clubs andaluces do Bahia de Algeciras e do Club Del Sur Cooperativa la Palma.

En canto aos conxuntos masculinos, nova oportunidade e difícil compromiso a que se lle ofrece ao Atletismo Narón no seu primeiro encontro de liga. Os azulóns viaxarán ata o Helmántico para enfrontarse  aos locais do Atletismo Salamanca, A.D. Marathón e Agrupación Deportiva Sprint quen podería ser a priori o seu rival a batir. Pola súa banda o Real Club Celta quen o ano pasado estivera as portas do ascenso, dará comezo a súa participación neste torneo viaxando ata Gijón no que competirá contra recén ascendido Hiru Herri, Durango Kirol Taldea e os locais do Universidade de Oviedo quenes serán os máis complicado do grupo para os intereses célticos.

Foto Luis Tojal (RRSS SGP)

 

Compartir: