Ca chegada do mes de abril, dase oficialmente o pistoletazo de sáida a tempada de aire libre que sin lugar a dúbidas ven marcada e condicionada pola celebración do 1 ao 11 de agosto dos Xogos Olímpicos París-24.
A celebración dos mesmos, supedita en moi boa parte o desenvolvemento de toda a axenda atlética para este 2024 que malia elo, deixará na nosa comunidade varias citas destacadas.
Para comezar, novamente as rúas de A Coruña, volverán ser testigo o 19 de maio da celebración do Gran Premio Internacional de marcha Cantones de A Coruña-Trofeo Sergio Vázquez que se achega a súa edición número trixésimo oitava.
Para esta edición, agárdase unha importante e marcada competitividade xa que por ser ano olímpico, estarán en xogo as últimas prazas para París. A maiores tamén estarán boa parte dos xa seleccionados e seleccionadas que terán en Cantones un magnífico test previo a cita olímpica
A nivel de pista, a nosa comunidade acolle por vez primeira o IX Campionato de España de Seleccións Sub18 logo do paréntese que tivo desde o ano 2005 ata o 2017, co obxectivo de repetir os títulos dos anos 2002 e 2004. Esta importante cita do 22 do xuño, convertirá á cidade do Lérez no epicentro do atletismo estatal sendo ademáis a cuarta vez que Galicia reciba un encontro de Seleccións, logo das disputadas polos combinados absolutos nos anos 1987 e 2010 en Vigo e 1996 na Coruña.
Outras importantes probas incluidas no calendario nacional
A maiores, e ainda con varias datas por asignar, están incluidas no calendario nacional as probas do II Edición os 10000 peregrinos 10K da Deputación da Coruña, (Santiago, 06 de abril) o Gran Premio Ciudad de Vigo (Vigo, 17 de maio), o XXXVI Milla Festas do Cristo ( O Barco, 15 de setembro), IV Milla urbana Puertas de Compostela (Santiago, 29 de setembro), IV desafío internacional Ecocamiño 48/110K (Culleredo, 19 de outubro), Cross Ponte Romana de Lugo (Lugo, 03 de novembro); XLII Carreira Internacional a Clásica de Negreira (Negreira, 03 de novembro).