Resultados

O atletismo galego indoor sitúase no mapa internacional

A pista indoor de Expourense foi escenario durante a pasada fin de semana da súa estrea internacional ca disputa do clásico Trofeo Ibérico Sub20 y Sub18 que enfrontaba as Seleccións de Portugal e España e onde a maiores, o público asistente, tamén puido gozar do Mitin Internacional transfronteirizo 2 países 1 destino.

Durante o desenvolvemento das mesmas, novamente o atletismo galego daba mostras da súa gran capacidade organizativa, sacando adiante de maneira destacada ambos encontros que recibiron durante os dous días, a un bo número de participantes de ambos países.

Triunfo da Selección Española

No terreo deportivo, a Selección Española colleitaba os triunfos por equipos tanto na categoría Sub20 como na Sub18 sobre a Selección portuguesa logo de sumar un total de 17.681 e 17.733 puntos respectivamente.

No apartado individual, houbo empate de victorias para ambos equipos; por unha banda as que lograron Diego Darias en heptatlón Sub20 (5.372 p.), segunda mellor marca de sempre nesta categoría e Laura Martínez (3.528 p.) en pentatlón Sub20 e en Sub18 e pola outra os triunfos lusos a cargo de Denis Hrabar (5.418 p.) en Sub20 e Natacha Cande (4.040 p.) en Sub18, destacando aquí o segundo posto da campioa de España Itsaso Madariaga, que elevou a súa marca persoal ata os 3.890 puntos, que a colocan terceira de todos os tempos.

Recoñecemento

Durante o transcurso do Trofeo Ibérico, o presidente da FGA Iván Sanmartín quixo facer entrega dunha placa á Federaçaõ Portuguesa de Atletismo como mostra de agradecemento e gratitude polo sempre excelente trato e atencións que reciben os atletas galegos que toman parte nas distintas probas que se organizan anualmente no pais irmán. Lembramos que a  proximidade xeográfica e histórica de ambos paises, fai posible a importante presenza de atletas galegos e galegas (especialmente da zona das Rias Baixas) quenes acuden en no menor número ás distintas probas organizadas pola Federação lusa.

 

Compartir: