Uxía Pérez do Atletismo Femenino Celta cun crono de 35:35 e David de la Fuente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun crono de 31:45, proclamáronse no día de onte campións galegos absolutos dos 10K na edición desenvolta no Concello de Xinzo de Limia.
Baixo un gran ambente de competición, ata a localide do Limia acudiron algúns e algunhas das mellores especialistas da distancia para tomar parte nun campionato sobre o que tamén se desenvolveron un 5K e unha distancia popular.
Xunto as gañadoras desta edición estiveron nos postos de podio as representantes do Ourense Atletismo Begoña Domínguez con 37.36 e Antía Rodríguez con 38.22. Na categoría masculina foi Alejandro Fernández do Ourense At. quen lograba o subcampionato a oito segundos do gañador, sendo o metal de bronce para Marcos Oro do At.Arenteiro con 32.10.
As gañadoras e gañadores no resto de categorías foron os seguintes:
- Sub20. Candela Nóvoa (CD La Purísima) e Nuno Moure (AD Fogar)
- Sub23. Lucía Outeiriño (CD La Purísima) e Alexandre Álvarez (Esprintes Ou.)
- Máster35. Begoña Domínguez e Alejandro Fernández (Ourense At)
- Máster40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Javier Paredes (Ourense At.)
- Máster45. María Tarrío (SD Compostela) e Ricardo Vázquez (ADAS CUPA)
- Máster50. Inés Papín (Dawako At.) e Marcelo Lanza (SD Compostela)
- Máster55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e José Manuel Fernández (ADAS CUPA)
- Máster60. Mercedes Blanco (At. Sar) e José Suárez (S.D.Compostela)
- Máster65. Carmen Rodríguez (SD Compostela) e Manuel Suárez (Vet. Samil)
- Máster70. Elvira Tresguerras (At.Sar) e Juan Manuel González (Esprintes Ourense)
- Máster75. Roberto Rey (Vet. Samil)