O nacional indoor Sub20 agarda a unha trintena de galegas e galegos

Salamanca recibe este fin de semana un dos últimos campionatos de España indoor da presente tempada. Serán os días 9 e 10 cando un total de 30 atletas galegas e galegos estén tomando parte na pista salmantina Carlos Gil no estatal Sub20  na procura dun bo remate da tempada invernal.

Entre a relación de atletas inscritos destaca a presenza na proba dos 1.500 de Mohammed Kassimi do Ferrol Atletismo que acude ca terceira mellor marca de todos os participantes de 3:53.27. Na categoría feminina estará tomando parte Leyla Villar do Ourense Atletismo cuxa progresión fará dela unha das aspirates a entrar nos postos de podio da proba

Seguindo co fondo Miguel Alvariño da Atlética Lucense intentará este ano cos 8:31.94 ascender un posto na final logo de quedar o no pasado ás portas do bronce na proba dos 3.000m.

Alicia Barreiro do Ria Ferrol pola súa banda, contará unha excelente oportunidade de rematar a pista indoor cunha boa actuación. A internacional subcampioa de España de aire libre Sub18 parte cunha das mellores marcas nos 400 m.

Xa nos concursos, estaremos pendentes das actuación de  Manuela Blanco do Ourense atletismo que ven de tomar parte no nacional absoluto de pértega así  como a do medallista de bronce do ano pasado en Sabadell Fernando Vallines os cales están chamados tamén a realizar un bo campionato.

Antía Pernas do Lucus nos 60 m. e na lonxitude, Sara Guedes da Atlética Lucense nos 1.500 m., Pilar Rojo do Riazor Coruña nos 3.000 m., Roi Rial do At. Santiago en triplo e Xoel Otero de A.A.Mazí en heptatlón entre outras e outros, serán quenes estén disputando os postos importantes das súas respectivas probas.

 

Compartir: