Resultados

O galego dos 10K decídese en Xinzo

Ata a localidade ourensá de Xinzo de Limia viaxarán preto de 300 atletas para tomar parte o domingo a partir das 11.20 do Campionato Xunta de Galicia de 10K.

O campionato que conta ca colaboración do Concello de Xiza de Limia desenvolverase sobre un circuito homologado que ao mesmo tempo servirá para a disputa da 10K e 5K Xinzo de Limia que chega a súa decimo sexta edición.

Entre a relación de atletas participantes destaca a presenza dos campións galegos absolutos de 10.000 m. de aire Libre do pasado 3 de febreiro en Cervo Sofia Freaza do Comesaña e Emilio Pérez do ADAS CUPA quenes parten como uns dos favoritos ao campionato galego.

A maiores tamén contaremos ca participación da internacional máster W50 do Comesaña Soledad Castro que compartirá saída cos campións galegos do ano pasado en Carballo Valeria Guridi do S.D.Compostela Atletismo na categoría Sub20; Ricardo Vázquez do ADAS Cupa na M45, Aurora González do Pinarium na W50 así como Mercedes Blanco do Atletismo Sar e José Fernández do ADAS da categorías máster 55.

Compartir: