A canteira indoor cítase en Expourense e Riazor

Entre o sábado e o domingo o recinto de Expourense e a pista coruñesa de Riazor serán escenario da disputa dos campionatos Xunta de Galicia para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 que xuntarán a preto de catrocentos atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.

Estes serán os últimos campionatos indoor que se desenvolvan neste 2024 logo de catro intensos meses cargados de moita actividade e excelentes resultados. Precisamente para despedir esta tempada baixo teito da mellor maneira posible, o estadio coruñés de Riazor dará acollida este domingo unha auténtica festa do atletismo base ca celebración do Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12. A proba que conta co patrocinio do Concello da Coruña, servirá para que a canteira galega poida tomar parte nunha competición concebida para servir de motivación e aprendizaxe sobre cada unha das probas das que está composto: 50 m., 500 m., 1000 m., altura, lonxitude e peso.

No tocante ao sábado, serán os Sub14 quenes estén compitindo na pista curta de Ourense nun campionato que se prolongará en dobre xornada desde as 10:00 horas ata as 19:00 h.

 

Compartir: