No día de hoxe foi presentado no Concello de Ames a V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre que se levará a cabo o vindeiro día 17 de marzo.
Ao acto de presentación acudiron, a Concelleira de Deportes do Concello de Ames, Susana Señorís; o Presidente da FGA, Iván Sanmartín; o responsable técnico da FGA de Trail Running, Iván Sangiao; o responsable técnico do Club Atletismo Ames, David García; o director Deportivo do Real Aero Club, Alex Beiras; o director deportivo de Gestlab Sport y CEO de BJ trainners, Borja Collar; o Técnico de deportes do Concello de Ames, Alberto Viaño, así como José Manuel Miguens en calidade de CEO de BJ Trainners.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e forma parte do Galicia Trail Running Series (Proba G1 categorías Preclassic con Andaina e Trail Longo) estando baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
As modalidade nas que se poderá tomar parte son as de Andaina ( 15 km.), Trail Curto ( 8 Km.) e Trail Longo (16 Km.)
Con esta nova carreira, o atletismo galego sigue apostando decididamente polo Trail Running ca intención de promocionar e achegar esta modalidade ao maior número de participantes posibles
Unha proba consolidada que ven con novidades este ano
O Trail Ribeiras do Tambre achégase a súa quinta edición manténdose o percorrido de anos anteriores. A sáida seguirá sendo en Ponte Maceiras e a chagedada no Real Aereo Club malia que para esta edición, inclúese a proba dos 8 K. o que lle permitirá ser puntuable a afectos de ranking para as categorías de Sub16 ata a Sub23.
Este evento, xa consolidado no calendario oficial, contará con servizos de transporte que sairán desde o Real Aero Club ata os distintos puntos de saída.
Expectaculares contornas
Si por algo presume esta proba e pola súa extraordinaria beleza paisaxística. No seu percorrido, os participantes poderán ir disfrutando do paso polas fermosas contornas das Ribeiras do Tambre o que sen lugar a dúbidas representa un dos grandes atractivos desta carreira cuxas inscricións seguen abertas ata o vindeiro xoves 14 de marzo.