Resultados

Guadalupe Rubio e Aythami López, campións galegos de TR

Guadalupe Rubio do Club Pasa ou entorna e o independente Aythami López, proclamáronse no día de onte gañadores do Campionato Xunta de Galicia de Trail running na edición levada a caba no Concello de Muros.

A proba que se desenvolveu sobre unha distancia de 23 km. (trail longo) contou cun importante éxito no deportivo e no organizativo. Xunto aos gañadores absolutos estiveron na zona de podio María Martínez do At. Porriño e Lucía Quintela do At. O Pino na categoría feminina, así como Rubén Insúa do At. Sar e Rubén Gómez do At. O Pino na msculina.

Por equipos, triunfo na categoría feminina para o Atletismo Porriño integrado por María Martínez, Vanessa López, Cristina Castro, Nerea Rodríguez e Mónica Martíez. S.D. Compostela Atletismo e C.D. Biosbardo completaron podio.

En homes  sería o C.D. Biosbardo composto por Marcos A. Pascual, Federico Losada, Emilio Montilla, Iván Sangiao e Jonathan Pérez o conxunto gañador que estaría acompañado no podio polo Atletismo Porriño e polo Atletismo Cambados

No resto de categorías os distintos campións e campioas galegas individuais foron as seguintes:

Mini Trail (7,8 km)

  • Sub16. Paula Fernández (SD Compostela) e Miguel A. Castro (C.A.Serres R.)
  • Sub18. Sandra González (At. Lucense) e Jesús García (Triki T.)

Trail Curto (15 Km.)

  • Sub20. Emma Mández (At. Lucense) e Eloy Martínez (indpt)

Trail Longo (23 km.)

  • Sub23. Hugo García do At. Portugalete
  • Máster 35. Rosa Mª Araujo (Burgas Ou) e Marcos A. Pascual (Biosbardos)
  • Máster40. Paula Esteiro (S.C Compostela) e Roberto Tuñas (C.A.Serres R.)
  • Máster45 . Beatríz Barroso (At.Noia) e Federico Losada (CD Biosbardos)
  • Máster50. Mª Aurora González (Pinarium) e Emilio Montilla (CD Biosbardos)
  • Máster55. Raquel Estévez (Pinarium) e Adolfo Garrido (Burgas Ou.)
  • Máster60. Antonio González (At.Porriño)
  • Máster65. Manuel Capelo (Indpte.)

 

Compartir: