O medallista olímpico Manolo Martínez visitou O Barco

O medallista olímpico Manolo Martínez , visitou no día de hoxe o Concello do Barco de Valdeorras onde estivo dando unha charla e realizando unha sesión técnica de lanzamento de peso cos atletas do Club Club ADAS O Barco.

Esta xornada enmárcase dentro das accións emprendidas de promoción que se desenvolven co gallo da disputa do Campionato de España de P.C. que se desenvolverá proximamente en Fundación Expourense.

Lembramos que o lanzador leonés é medalla de bronce olímpica na edición de Atenas 2004 sendo de igual modo Campión do Mundo (Birmingham 2003) así como Campión de Europa (Viena 2002) entre outros destacados méritos.

O encontro foi no Estadio Municipal de Calabagueiros e congregou a un importante núnero de rapaces das Escolas así como a numeroso público e medios de comunicación.

Compartir: