Como era de agaradar, chegadas a estas datas, comezan a producirse nas fins de semana competición importantes nas que a pista curta, a ruta e o campo a través coinciden orixinando unha gran cantidade de actividade.
Durante esta sábado e domingo os puntos de atención estiveron centrados en Expourense ca disputa dos autonómicos de combinadas e o individual Sub23 así como en A Rúa onde se celebrou o Memorial Alejandro Lorenzo, contando en ambos casos, con unha numerosa participación.
Sobre o sintético de Expourense estiveron pasando durante toda a fin de semana tanto os participantes nas citas autonómicas como os que de igual modo estiveron competindo nalgunha das numerosas probas que a modo de control se foron disputando.
No campionato de Galicia de combinadas resultaron gañadores Sub16 os atletas do Celta Atletismo Olivia Gutiérrez con 3.186 puntos en mulleres e Joel Santana na categoría masculina con 3.463 p. sendo o título nos Sub18 para Noa Bobillo do C.D. La Purísima con 3.157 p. e para Paco Lamas da Gimnástica con 4.468 puntos. Pola súa banda Andrea Reija do Xuncas Diversia facía bos os prognósticos e lograba o autonómico logo de sumar un total de 3588 puntos.
O domingo en xornada de tarde disputábase o campionato Xunta de Galicia Sub23 e campionato absoluto de 3.000 m. con triunfo nesta última distancia para os principais favoritos. En mulleres Laura Santos compitindo sóa dende o primeiro metro realizaba unha excelente MMP de 9:15.17 completando podio Uxía Pérez e Eva Piñel do Celta. En homes El Mehdi El Nabaoui do At.Santiago con 8:09.21 tivo que empregarse máis afondo para domiñar unha distancia na que contaría cunha importante oposición por parte dos atletas da Gimnástica Pablo Bocelo 8:10.39 e Carlos Porto 8:15.59 segundo e terceiro respectivamente.
No resto de probas Sub23 destacamos os títulos e os rexistros de Antón Riveiro do At. Santiago nos 60 m. con 7.00, os 21.85 de Jorge Román do Celta nos 200 m., os 3:58.36 de Mario Rodríguez do Celta nos 1.500 m.; Tomás López do At. Sada en pértega con 4,50 m. e os 15.23 m. no concurso de peso de Miguel Angel Granado do Real Club Celta
Por parte da categoría femenina tamén resultaron interensantes os rexistros efectuados por María Fernández nos 400 m. con 59.09; os 3.40 m. de Nerea Fernández do ADAS CUPA en pértega así como os 13.25 m. que sobre o círculo de peso lanzaba a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol.