Dous e importantes campionatos de pista curta son os que esta fin de semana terán por escenario o sintético de Expourense.
Durante o sábado e o domingo teremos a oportunidade de presenciar o Campionato Xunta de Galicia de combinadas Sub16, Sub18 e Sub23 na que tomarán parte medio cento de atletas.
No mesmo destaca a participación das campioas galegas do Xuncas Diversia da pasada tempada Andrea Reija na Sub23 e Carla Allegue na Sub16. Xunto elas estarán os tamén as medallistas Victora Pampillón da Agrupación Viguesa na categoría Sub16, así como Paco Lamas da Gimnástica e Tesfayé Chao de A Silva na Sub18
A outra das citas da fin de semana corresponde ao Campionato Xunta de Galicia Sub23 na que contaremos ca presenza feminina da campioa galega do pasada edición Andrea Villaverde da Gimnástica quen aspira a revalidar os seus tres títulos logrados sobre as probas de lonxitude, altura e 60 valos
Pola súa banda María Fernández do Piélagos de Cantabria, intentará facer o propio nas distancias do 400 e 800 m. Nerea Fernández do ADAS CUPA en pértega e a lanzadora internacional Xiana Lago en peso entre outras, completan o cartel de participantes destacadas nesta edición.
A categoría masculina tamén contará cunha destacada presenza de atletas entre os que se atopan o campión galego dos 3.000 m. Hugo García do A. Portugalete. Martín Míguez do Ourense Atletismo nos 1.500 m.; Tomás López do At. Sada en pértega; Raúl Cortizo da Gimnástica en lonxitude así como a de Samuel Lema do At.Negreira en peso terán como claros obxectivos lograr un bo rexistro e revalidar os seus títulos autonómicos.
Campionato galego absoluto de 3.000 m.
Xunto ao campionato Sub23, desenvolverase paralelamente na tarde do domingo a proba dos 3.000 m. na categoría absoluta cun destacado nivel de participación.
O internacional estradense El Mehdi El Nabaoui do At. Santiago parte como un dos favoritos nunha carreira na que tanto os gimnásticos Pablo Bocelo como Carlos Porto serán atletas a ter moi en conta. Na categoría feminina Laura Santos do Playas de Castellón será quen máis opcións teña para lograr o campionato. Emma Méndez da At.Lucense e Uxía Pérez do A.F. Celta postúlanse como aspirantes claras a podio na categoría feminina.