Protocolo de actuación de accidentes deportivos 2024

Desde o día 1 de xaneiro xa están en vigor as novas licenzas autonómicas para a tempada 2024.

Logo da súa aprobación pola Asemblea Xeral da FGA celebrada o día 28 de outubro, e posterior publicación na circular 125-2023, desde o pasado 7 de novembro comezáronse a tramitar as distintas licenzas de adestradores, clubs e atletas cuxa vixencia será por ano natural do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.

  • Protocolo de actuación en caso de accidente federado

No caso de producirse algún accidente  lembramos os pasos a seguir:

  1. Poñer en coñecemento da compañía aseguradora o accidente, chamando ao Centro de Atención de ALLIANZ, teléfono 900 404 444, sendo imprescindible este paso para recibir calquera atención médica. O accidente debe ser comunicado inmediatamente despois da súa ocorrencia.
  2. En caso de ser preciso, cumplimentar o Parte de Comunicación de Accidentes, que deberá ser asinado e selado pola Federación (solictiar o parte asinado a: secretaria@atletismo.gal)

Tomador: Federación Galega de Atletismo

Nº Póliza: 054714685

Póliza de accidentes FGA

  • Protocolo de actuación en caso de accidente XOGADE

Póliza Accidentes XOGADE (atletas de 6 a 16 anos) 2024

Pasos a seguir polo accidentado:

  1. COMUNICAR no 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es
    Precisará o Identificador que está no carné de Xogade
  2. Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia.
  3. ACUDIR ao centro médico indicado pola mútua.
  4. Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para AUTORIZAR a xestión de datos.
  5. Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.

Teñen 2 vías:

Correo: xogade@gerosalud.es
Plataforma: https://partesxogade.es
                                                                                                    +
A entidade (centro educativo, club ou federación) ten 7 días desde a lesión para CERTIFICAR na aplicación de Xogade https://inscricion-xogade.xunta.gal

Protocolo de actuación en caso de accidente Tempada 2024

Compartir: