Deixounos a nosa querida compañeira Conchi

Novo día negro para o atletismo galego.

Si hai dous días e como xa informamos, sufrimos a terrible perda do neno Brais Sestelo, no día de hoxe temos que lamentar fondamente o falecemento da nosa queridísima xuíza da Delegación de Vigo Conchi Pérez Cerdeira

Novamente quedamos sen palabras para expresar o fondo pesar e gran sentir pola perda da nosa compañeira cuxa actividade e presenza nas pistas era tan asidua e constante.

Delegada e responsable dos xuíces da Delegación de Vigo, era membro da Asemblea da FGA dende o ano 2018, chegando a presidir e formar parte durante os últimos anos de varios comités. Como xuíza, a súa aportación iba moito máis alá dos seus cometidos, destacando sempre pola súa experiencia e enorme capacidade de traballo e diálogo que facían dela unha das xuízas máis prezadas e queridas do noso deporte.

Desde a Federación e desde toda a familia atlética galega, queremos mandar todo o noso cariño, alento e forza a familiares, amigos e seres queridos.

Boa viaxe querida Conchi!

Compartir: