Resultados

Éxito organizativo e participativo do V Congreso Técnico de Xuíces

Baixo un ambente excepcional, desenvolveuse este sábado na cidade da Cultura de Santiago o V Congreso Técnico de Xuíces de Atletismo organizado polo Comité Galego de Xuices e  dirixido por Loreto Pérez.

Cunha asistencia moi salientable, que roldou o cento de participantes, a xornada arrincaba ca inauguración do Congreso na que tanto o Presidente da FGA Iván Sanmartín como da Subdirectora Xeral de Xestión Deportiva Mar Teijeiro, coincidiron en salientar a enorme importancia da celebración deste tipo de xornadas e nas que por boca de Sanmartín “ …contribúen a facer do noso colectivo de xuíces un dos máis prestixiosos e formados de todo o atletismo Español” 

O preámbulo ao comezo das distintas charlas, tamén foi aproveitado para premiar ás xuízas e xuíces galegos con máis de trinta anos de servizo activo,  desfilando pola tarima, entre o recoñecemento do resto dos seus compañeiros,  Eloy Bretal, Loreto Pérez, Dolores Rojas, Juan Carlos Pita, Estela Rodríguez, Begoña Rodríguez, Yolanda Alonso, Inocencio Pérez, Juan Carlos Estravíz, Luz Fernández, Mercedes García, Lorenzo González e Saturnino Molarez.

Ca entrega da Placa Ramón Docal, que distingue aos mellores xuíces anuais do atletismo galego, ao Presidente do CGX Eloy Bretal, daban comezo as xornadas formativas que estiveron marcadas polo presenza de catro conferenciantes de gold level aos que se sumaron xuíces internacionais tanto do Comité Nacional como do Comité Galego.

Por espazo de dobre xornada de mañá e tarde, foise falando e debatindo sobre aspectos tan importantes como os “Cambios recentes no Regulamento Internacional de Atletismo”;A alta competición: o que se ve e o que non”; “O Xuíz árbitro en probas autonómicas”; “A vídeo arbitraxe en España; “Xuzgamento e Tecnoloxía – Tendencias e desafíos” e  “Retrospectiva do CGX – “¡Cómo cambiamos! 2012-2023” ca cal dábase o punto e peche a esta participativa edición da que compre destacar a súa excelente organización e calidade dos seus contidos.

Album de fotos (Nacho Rego)

Intervención de Iván Sanmartín

 

Compartir: