Vilagarcía decidirá ós campións galegos e galegas de media maratón

A ruta terá este domingo no Concello de Vilagarcía a disputa da trixésima primeira edición do Campionato Xunta de Galicia de Media maratón que congregerá as 10.00 horas nas inmediacións da Avenida da Mariña, a preto de 350 participantes.

Entre a relación de inscritos e inscritas figura a presenza da campioa e campión galego do ano pasado Beatríz Gil do Atletismo Corredoiras e Anxo Castro do Vicky Foods, que intentarán reeditar o título logrado na pasada edición de Pontevedra.

Xunto eles Patricia Varela do Atletismo Arenteiro e Andrea Iglesias do Fisioterapia San Lazaro na categoría feminina así como Jonathan Díaz do ADAS CUPA e Cristian Expósito do A.D. Naútico de Narón serán atletas a ter moi en conta para os postos de podio.

O campión de España de maratón absoluto no 2008, Elias Domínguez será o claro favorito na categoría M50 ao igual que Santiago Falcón do Cambados Seguros Noval na M55, Manuel Suárez do do Veretanos de Samil na M60 e Domingo Álvarez do Egovarros na M70.

Na categoría feminina pola súa banda, destacada presenza da medallista internacional máster Sole Castro do Comesaña quen aspira a reeditar o seu título na  W55 ao igual que Natalia García do Running Oleiros na F45

Por equipos, o Atletismo Ribadeo en mulleres e a Sociedad Gimnástica en homes serán a priori os clubs a batir polos algo máis de medio cento de entidades que aspiraran ao título autonómico.

A maiores, o campionato será aproveitado para desenvolver conxuntamente a celebración da Media mararón Concello de Vilagarcía de Arousa 2023

 

Compartir: