No día de hoxe tivo lugar a presentación oficial no Concello de Vilagarcía do Campionato Xunta de Galicia de media maratón que se desenvolverá conxuntamente ca disputa da Media maraton popular o vindeiro día 26 de novembro a partir das 10.00 horas.
Ao acto no que se atopaban distintos medios informativos, acudiron por parte do Concello o alcalde da vila Alberto Varela así como o Concellal de deportes Carlos Coira. Por parte da Federación Galega de Atletismo estivo o seu presidente Iván Sanmartín.
Campionao importante dentro do calendario
Este campionato representa pola súa importancia un dos eventos de ruta máis importantes da tempada que é especialmente agardado e preparado por parte dos amantes desta distancia. En concreto para esta edición, e a falta do peche das mesmas, o número de inscritos e inscritas supera xa as expectativas agardadas que fan que neste intres, preto de medio milleiro de atletas teñan confirmada a súa asistencia.
Recuperación da edición
Ca celebración desta edición recupérase unha proba que logo dun parón de varios anos, volve novamente ao calendario oficial da man dun circuito homologado e moi rápido e pensado precisamente, para facilitar a consecución de bós rexistros. Para elo tanto o Concello de Vilagarcía como Federación, veñen traballando desde fai meses para facer posible recuperar esta clásica que chegaría a ser Campionato de Galicia no anos 2006, 2007 e 2008.
Inscricións
As inscricións do Campionato Xunta de Galicia seguen abertas ata o vindeiro luns día 20 ás 20.00 horas, e a media maratón popular de Vilagarcia ata o día mércores 22.
En canto a confirmacións, agardáse que ao longo destes días o fagan varios dos mellores especialistas galegos e galegas da distancia. Namentras tanto, o campión autonómico absoluto do ano pasado, Anxo Castro do Vicky Foods Athletics e a subcampioa galega Patria Varela do Atletismo Arenteiro, figuran xa na relación de inscritos.