Xa está publicada a normativa que regula a solicitude para a organización de Campionatos Xunta de Galicia para o ano 2024.
Como todos os anos que a asignación das sedes, realizarase por parte da Federación a través dun proceso de licitación establecido. Será finalmente a Xunta Directiva da FGA a que tome a decisión de asignar as sedes ca finalidade de dar posibilidades a aquelas entidades interesadas, concellos, clubs, agrupacións deportivas… etc, a que poidan presentar a súa solicitude e facer un reparto xeográfico que responda ao interese da promoción do atletismo galego en todas as provincias galegas.
Importantes beneficios
A través dos citados campionatos, cada entidade organizadora contará cunha serie de beneficios que van máis ala do impacto económico que supón a organización dun evento destas caraceterísticas. Aspectos tan importantes como a promoción local, a visibilidade nos medios de comunicación, o fomento do atletismo e por extensión dos hábitos de vida saudables do deporte en xeral, o fortalecemento do tecido deportivo… representan só algúns dos importantes beneficios que aporta o desenvolvemento destas actividades.
A día de hoxe os campionatos que se levarán a cabo e que buscan sede para o 2024 son:
Pista Cuberta
- Campionato Absoluto e Sub23
- Campionato Sub20 e Sub18
- Campionato Sub16
- Campionato Sub10, Sub12 e Sub14
- Campionato Máster
- Campionato de P. Combinadas (Sub16 ata Absoluto)
- Copa de Clubs Absoluta
- Copa de Clubs Máster
- Campionato de Clubs e individual Combinadas e Master
Aire Libre
- Campionato Absoluto Pista
- Campionato Sub23 e Sub20
- Campionato Sub18 e Sub16
- Campionato Sub10, Sub12 e Sub14
- Campionato Máster Individual
- Campionato de Combinadas Sub14 e superiores
- Campionato de 10.000 metros Memorial Alejandro Gómez
- Campionato de Marcha de Invierno
- Campionato de P. Combinadas Máster
- G Lanzamentos Longos de Inverno Absoluto e Sub20
- G.Lanzamentos Longos Inverno Sub18 e Sub16
- Campionato Combinadas de Clubs Sub14 e superiores
- Campionato Absoluto de Clubs
- Campionato de Clubs Sub20 e Sub16
- Campionato de Clubs Sub10, Sub12 e Sub14
- Campionato de Clubs Máster
Campo a Través
- Campionato Absoluto
- Campionato Sub16 e Sub18 de Cross e Remudas Mixto. Memorial A. Lorenzo
- Campionato de Máster
Trail Running
- Campionato de Trail Running Sub. carreiras de Montaña
- Campionato de Trail Runing
Ruta
- Campionato de Maratón
- Campionato de Media Maratón
- Campionato de de 10 Km
- Campionato de Galicia de 5 Km
- Campionato de da Milla e 1 Km Menores
- Campionato de Galicia de Marcha en Ruta