Inauguradas as pistas de Cervo

No día de hoxe o Concello de Cervo lucia as súas mellores galas para presenciar un dos acontecementos deportivos máis agardados dos útimos tempos.

Nada menos que preto dun milleiro de persoas estiveron presentes na inauguración das tan desexadas pistas de atletismo baixo un ambente de festa e celebración por parte de todos os asistentes achegados de varios puntos da Mariña Lucense. Entre os mesmos estaban nada menos que as figuras dos campións de Europa en pista cuberta Oscar Husillos e Adri Ben que xa desde primeiras horas da mañán protagonizaban unha xornada de adestramento de portas abertas.

Acto seguido e sobre as doce do medio día daba comezaba a inauguración oficial das pistas de atletismo de A Veiga de San Cibrao que contou ca asistencia do Vicepresidente da Xunta de Galicia Diego Calvo quen estivo acompañado por José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte; Alfonso Villares, Conselleiro do Mar; Javier Arias, Delegado da Xunta de Galicia en Lugo; Manolo Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia así como a de Dolores García alcaldesa de Cervo quen encabezaba a corporación municipal. Por parte da Federación Galega de Atletismo estivo presente o seu Presidente Iván Sanmartín quen acudía xunto a Suso Vázquez, Vicepresidente; Pablo Gandoy, Delegado da FGA en Lugo e Guillermo Sandino xuíz internacional e membro da Xunta Directiva da FGA.

Tralo corte tradicional da cinta, desenvolveronse unhas carreiras de remudas pola nova instalación a cargo de alumnos e alumnas dos dous centros educativos do concello co que de maneira oficial, quedaba remataba esta importante inauguración.

Compartir: