O nadal chega á Mariña Lucense

O día 31 deste mes será remarcado no calendario como un día moi importante para a Mariña Lucense, xa que logo de moitas reivindicacións, por fin  inauguraranse as pistas de atletismo en San Cibrao no seu Complexo Deportivo de A Veiga, inaugurado no ano 1994, e reformado de maneira importante  grazas a este proxecto.

As instalacións deportivas da Veiga, ademais das nomeadas pistas, contan cun pavillón polideportivo e destacan pola idoneidade da súa localización xa que non dista máis de 20 minutos da metade da poboación de toda a Mariña, que suma, no seu total 70.000 habitantes.

O importante investimento realizado nas pistas, afectou á renovación da pavimentación con material sintético homologado, que ademáis contemplaría melloras da rede de sumidoiros, adecuando a infraestructura para as probas de salto de pértiga, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitud, triple salto e lanzamento de peso.

Con este importante paso a Mariña Lucense contará cunha instalación homologada de seis estaxes que permitirá a dinamización e a realización de campionatos e activiadade federadas, ofrecendo ademáis ao importante núcleo atlético existente, a posibilidade de seguir medrando tanto en cantidade como en calidade.

Convidados de luxo

Para a celebración deste importante acto, contarase cunha participación de luxo xa que estarán presentes nada menos que os campións de europa de pista cuberta Oscar Husillos e o viveirense Adrián Ben. Por parte das autoridades, estarán presentes as máximas autoridades deportivas da Xunta, así como da Federación Galega, Deputación e Concello, estando ainda por confirmar a presenza do Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda.

Con esta obra a Xunta de Galicia continua coa súa aposta decidida pola renovación do mapa de infraestruturas de atletismo de Galicia na que destaca a renovación da pista de atletismo da USC (Santiago); a licitación do módulo cuberto de atletismo en Ribeira; o compromiso da nova pista da Estrada; a posta en marcha do módulo cuberto do IFEVI en Vigo e a participación na renovación das pistas de Balaídos.

Actividades

As pistas de atletismo da Veiga estrearanse oficialmente o vindeiro 1 de novembro coa celebración dunha popular organizada polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo.

Malia o día anterior, o martes 31 de outubro, as pistas acollerán un adestramento público cos atletas Adrián Ben e Óscar Husillos a partir das 10.00 horas.

Xa ás 12.15 horas haberá unha charla deportiva cos dous deportistas e co xuíx internacional Guillermo Sandino. Máis tarde, ás 13.00 horas, será a quenda da carreira de relevos do Club Deportivo San Ciprián e o Club Maderas Barcia Cervo.

 

Compartir: