Outubro énchese de probas para as categorías base

O mes de outubro, é especialmente un mes importante para os distintos clubs galegos de base polo seu volumen de actividade. Durante o mesmo nada menos que tres campionatos nacionais por clubs e un por seleccións, serán (e foron), os que se desenvolverán en distintas datas con presenza destacada de conxuntos galegos.

En conxunto estas probas representan, máis alá dos resultados,  unha excelente oportunidade de ir acadando aprendizaxes e experiencias entre o tecido base do noso atletismo, ademáis de poñer en valor e gran traballo levado a cabo polas distintas adestradoras e adestradores e os seus respectivos clubs, ao longo de toda a nosa Comunidade

  • Campionato de España por Federacións Autonómicas Edade Escolar
  • Lugar. Gijón
  • Datas: 7 e 8 de outubro
  • Equipos galegos femininos participantes: Selección Galega
  • Equipos galegos masculinos participantes: Selección Galega
  • Campionato de España por clubs Sub14.
  • Lugar. Torrevieja
  • Datas: 14 e 15 de outubro
  • Equipos galegos femininos participantes: Atletismo Sada e Ourense Atletismo 
  • Equipos galegos masculinos participantes: Atletismo Sada, Atletismo Narón, Gimnástica de Pontevedra e Agrupación Viguesa
  • Fase B do Campionato de España por clubs Sub16.
  • Lugar. Monterrei (Ourense)
  • Datas: 21 de outubro
  • Equipos galegos femininos participantes: La Purísima, Ourense Atletismo, Atlética A Silva, Atletismo Narón e Atletismo Sada 

Nesta mesma fase o Marineda Atletico, tamén clasificado na categoría masculina, non poderá intervir por falta de participación mínima do resto de equipos

  • Fase B do Campionato de España Sub20 por clubs. (por determinar celebración)
  • Lugar. Por determinar
  • Datas: 28 de outubro
  • Equipos galegos femininos participantes. Atletismo Sada 
  • Equipos galegos masculinos participantes. Atletismo Sada

 

Compartir: