Asemblea Xeral da FGA

O vindeiro sábado día 28, terá lugar no Salón de actos da Federación Galega de Fútbol no Estadio de San Lázaro de Santiago de Compostela, a celebración da Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo á que están convocados todos os órganos de dirección do atletismo Galego.

Será a partir das 17.00 horas en primeira convocatoria e 17.30 horas en segunda, cando comecen a tratarse todos os aspectos que marcarán a tempada 2024 entre as cales figura o calendario de competicións, as normas técnicas ou os orzamentos asignados a cada partida.

Circular

 

 

 

Compartir: