Resultados

Éxito dos másters galegos no campionato de Europa

Un total de dez medallas (catro ouros, dúas pratas e catro bronces) é o balance galego individual logrado polos nosos atletas nos Campionatos de Europa máster que se viñeron disputando na localidade italiana de Pescara.

Nun campionato no que o medalleiro español logrou o cuarto posto por detrás de Italia, Gran Bretaña e Alamaña, o atletismo galego contribuiría notoriamente a ese éxito no colectivo.

Excelentes actuacións dos nosos e nosas atletas

Novamente Juan Manuel Morales do Marineda lograba sobre a especilidade de marcha voltar con dous títulos continentais nas distancias dos 10 Km. e dos 5.000 marcha incrementando o seu importante curriculu de títulos e podios internacionais. Xunto ao marchador coruñés, suma e segue da plusmarquista mundial Esther Pedrosa quen conseguía un título europeo sobre os 1.500 m. e os bronces nas distancias dos 800 m. e dos 5.000 m.

Debut con éxito nun europeo de Bea Viteri nesta cita máster  sobre o concurso de  pértega, logo de impoñerse claramente con 3.40 m.

Amador Pena do S.D. Compostela conseguía na media maratón un importantísimo subcampionato de Europa na categoría M40 ao igual que o independente Jordi Carrasco quen sobre a mesma distancia pero da M45, remataba no terceiro lugar.

A polifacética Angeles Rodríguez da Atlética A Silva voltaba cun novo metal internacional, desta vez de prata sobre os 2.000 obtáculos na categoría F65 a quen se lle sumaba o bronce colleitado na M70 por Pablo Fervenza do Samertolameu sobre a proba de campo a través.

Moitas medallas por equipos

No apartado de equipos,  María Tarrio colleitaba o triunfo na categoría F45 da media maratón ao igual que Pablo Fervenza na M70 dos 10 Km. e Inés Papín na W50 na proba de campo a través.

As medallas de prata foron nas modalidades de medio maratón para Jose Fina Riber na F50; Amador Pena na M40, Pablo Fervenza na M70 e Alberto Pereira na M45, sendo o bronce para Juan Carlos Casal na M45.

Por último, no apartado de relevos tamén salientamos as medallas logradas novamente tanto por Amador Pena como por María Tarrio nos relevos dos 4×400 quenes sumaban un novo metal de bronce.

 

 

Compartir: