O Monte Xalo acolle unha nova xornada técnica de Trail Running

Continúan desenvolvéndose as distintas xornadas técnicas de Trail Running ao longo da nosa Comunidade.

Si fai uns días Porriño foi o último lugar escollido, logo do seu paso por Lugo e Brión, o vindeiro día 9 de outubro o responsable técnico Iván Sangiao, viaxará ata o Monte Xalo (Culleredo) para levar a cabo a segunda xornada que terá como punto de saída e encontro o Parque de Celas as 19:00 horas.

A ruta, que se levará a cabo sobre un treito sinxelo de 6,5 Km e 500 positivos, servirá como base para tratar os distintos contidos programáticos e que basicamente centraranse sobre:

  • Mecánica e biomecánica básica do trail running
  • Métodos didácticos aplicados en ascenso e descenso
  • Transferencia de aprendizaxes
  • Trail running lúdico: o xogo aplicado

O remate, que tense previsto que sexa sobre as 20.15 horas no mesmo punto de saída (Parque de Celas), aproveitarase para manter unha pequena charla e abordar algúns aspectos relacionados ca modalidade.

A inscrición atópase aberta a todos e todas as maiores de idade con ficha federada en vigor.

 

Compartir: