Resultados

A didáctica e a metodoloxía do Trail Running pasou por Porriño

No día de onte tivo lugar en Porriño, unha convocatoria técnica aberta a todos os amantes do trail running dirixida polo responsable do sector Ivan Sangiao.

Esta xornada, enmarcada dentro da campaña que a Federación Galega está facendo para dar a coñecer e potenciar esta modalidade, contou ca participación dunha vintena de participantes as que se sumaron o Presidente da FGA Iván Sanmartín, o Vicepresidente Eladio Gómez e o Delegado de Vigo David Posada.

Entre os distintos obxectivos abordados dunha forma lúdica e didáctica, cabe citar as diferentes metodoloxías existentes en base aos distintos terreos e escenarios de competición, métodos de traballo individual e grupal así como diferentes exercicios de aplicación e transferencia os cales contaron cunha moi boa aceptación por parte dos participantes.

A xornada pechouse cunha posta en común na que se puxeron a debate aspectos relacionados co Trial Runnig, emplazándose, da mesma maneira, a continuar con este tipo de xornadas de promoción.

Compartir: