Esta fin de semana comeza o Ciclo Inicial de Grao Medio en Atletismo

Esta fin de semana vai dar comezo o curso de Ciclo Inicial de Grao Medio de Atletismo que terá como sede as instalacións da Facultade do Deporte e a Educación Fisica de Bastiagueiro.

Nesta primeira promoción están matriculadas e matriculados un total de 27 estudantes que ata o periodo do nadal, estarán recibindo conceptos teórico-prácticos nas instalacións universitarias. Unha vez rematada esta primeira parte formativa, o curso completarase cas sesións do Practium que se desenvolverán ata comezos de verán, momento no cal rematará o priodo formativo desta primeira promoción.

Desde a Federación Galega de Atletismo, valórase moi positivamente este importante arranque de curso, xa que con elo cumplese un dos importantes obxectivos marcados desde fai anos pola entidade federativa.

Na actualidade existen moi poucas Federacións nacionais e moitos menos autonómicas, que poidan presumir de contar cun ciclo homologado formativo, o que engade máis valor se cabe, a este importante acontecemento cuxo obxectivo e colocar no eixo central da política federativa, a formación dos seus estamentos.

Para o expresidente Isidoro Hornillos, e director do Centro de Ensino do Atletismo Galego (CEAGA) Estamos tremendamente satisfeitos de poder dar comezo este ciclo formativo que culminará un longo proceso de moitos anos de traballo e xestións” para Hornillos foi clave o apoio e facilidades recibidas por parte de moitos organismos e persoas entre os cales cita “ ao decano da facultade Rafael Martín Acero así como ao anterior Decano Xurxo Dopico quenes brindaron todo o seu apoio para facer posible este proxecto”

Mesmas palabras de satisfacción e agradecemento son as que tamén brinda o actual presidente federativo Iván Sanmartín quen sinala “ O especial compromiso durante o meu mandato de apostar por todas cantas accións formativas estén na nosa man de cara a lograr unha maior calidade dos nosos estamentos” Precisamente Sanmartín salientaba as actividades que nesta materia están mantendo os distintos estamentos como o de xuices, que tamén preparan para o 25 de novembro o seu V Congreso.

Compartir: