Convocada a preselección Galega Sub16

Esta semana facíase pública a listaxe das 68 atletas galegas e galegos preseleccionados para tomar parte no Campionato de España de seleccións autonómicas Sub16 que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de outubro na localidade asturiana de Gijón.

Na relación de atletas preseleccionados destaca a presenza de varios dos últimos campións e campioas de España da pasada edición celebrada en la Nucía a finais do mes de xuño

Entre os mesmos atópanse os nomes de Mar Simón do A.F. Celta en martelo, Alex Sierpes de O Trega e Sabela Castelo do San Miguel de Marín nos 3.000 m.,  Javier Picos do Marineda nos 600 m. e Hugo Casañas do Rías Baixas en disco.

Tamén é salientable a presenza na lista de preseleccioados dos medallistas nacionais Iria Solera do C.D. la Purísima en altura, Debris Paniagua do O Pino nos 1.500 obstáculos, Celia Fernández do Riazor Coruña nos 100 valos e Sabela Martínez da Gimnástica nos 1.000 m. quenes contan a priori con moitas opcións de estar na Selección

A relación definitiva dos 34 integrantes así como a composición das remudas darase a coñecer o vindeiro día 25 de setembro

Sesións Técnicas

Con vistas a preparar o campionato,  o responsable de velocidade da FGA José Carlos Tuñas, convocou a un total de 21 atletas para preparar as remudas tanto do 4×300 como dos 4×100

A xornada técnica levarase a cabo no Estadio Universitario de Atletismo de Santiago o día 16 de setembro en dobre sesión. (relación de convocados/as)

 

Compartir: